A DEPUTACIÓN, PREMIO Á MELLOR XESTIÓN DEPORTIVA DE CARÁCTER PÚBLICO
Infogauda / Ourense
O xurado dos premios “Galicia” á xestión deportiva, que convoca a Asociación Galega de Xestores Deportivos, acaba de conceder á Deputación de Ourense o premio á “mellor entidade pública galega”.
Así o recolle a acta do xurado, reunido na cidade da Coruña e que estaba integrado por representantes da propia asociación, representantes das universidades de Vigo e A Coruña, do Colexio Galego de Lincenciados en Educación Física, da Federación de Prensa Deportiva e da Fundación Deporte Galego.

A entrega do premio, que será recollido polo titular da Deputación, José Luis Baltar, terá lugar o vindeiro día 15 de outubro, en A Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario