23 DE SETEMBRO: FESTIVIDADE DE SANTA TREGA
Infogauda / A Guarda
Con eucaristías rezadas ás 8, 9 e 10 da mañá, hoxe escomenzará, un ano máis, a celebración da festividade de Santa Trega, no cumio do Monte que leva o nome da discípula de San Pablo e primeira mártir do Cristianismo.
Ás 11 da mañá dará comezo a misa solemne, no decurso da cal ademáis do sermón, terá lugar a tradicional ofrenda. Rematada á celebración eucarística, varias devotas levarán en procesión a imaxe da santa, natural de Iconio, Avogada das doenzas da testa e do corazón e Padroeira da bisbarra do Baixo Miño. Unha vez recollida a imaxe na súa ermida, dará comezo a tradicional poxa de froitos do mar e da terra. Cando termine a poxa será sorteada unha monumental tarta - chamada regueifa - con un valioso agasallo sorpresa.
A xornada - festivo de ámeto local -, terá tamén, se a climatoloxía o permite, un carácter lúdico co xantar ao aire libre e a participación de algún grupo de gaitas que porá aire de festa a esta celebración na que participan moitísimas familias de A Guarda e súa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario