22 de set. de 2010

BAIXO MIÑO

O BNG LEVA OS CONCELLOS DO BAIXO OS PROBLEMAS NA EXPEDICIÓN DE DNI EN TUI

“A preocupación do BNG pola situación da oficina Tui levou a presentar hai meses unha pregunta no Parlamento do Estado sobre esta cuestión”


Infogauda / Baixo Miño
O Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel a situación que están a soportar os veciños e veciñas da Comarca do Baixo Miño coa expedición do DNI nas oficinas da Comisaria de Tui. Resulta inádmisíbel que a realización dun trámite básico, que necesariamente ten que realizar toda a cidadanía, obrigue ás veciñas e veciños padecer horas de cola na rúa desde a madrugada.

A inexistencia de cita previa neste servizo, xunto coa evidente falta de medios técnicos e humanos suficientes para atender a demanda que supón unha poboación próxima ás 50.000 persoas provocan un grave prexuízo ás veciñas e veciños da comarca.

A preocupación do BNG pola situación da oficina de expedición de Carnés de Identidade de Tui levou a presentar hai meses unha pregunta no Parlamento do Estado sobre esta cuestión.

A resposta ofrecida polo Goberno do central non pode ser menos satisfactoria. En palabras do goberno, o equipo de expedición de documentación de Tui: “...está deseñado para atender a poboación da propia localidade, non para o resto dos municipios colindantes, para os que están habilitados os dous equipos de Vigo”.

Resulta difícil de comprender que se pretenda derivar a poboación do Baixo Miño a Vigo cando existe unha oficina aberta en Tui para a realización destes trámites. A día de hoxe temos constatado que os problemas persisten sen que se ofreza ningún tipo de solución. Ante esta situación, o BNG segue coa defensa dos intereses dos veciños e veciñas do Baixo Miño presentando mocións nos diferentes concellos da comarca, nas que se insta ao Goberno central á solucionar urxentemente esta situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario