MOSQUITO INDEPENDENTE
Polo que puiden observar nalgúns comentarios ás miñas opinións, vale a pena aclarar, son iso, soamente opinións, dun mosquito, e non vexo porqué preocúpanvos tanto. Parece que afectan demasiado a uns cantos unhas poucas palabras e que lles resultan como picadas, eu laméntoo profundamente, pero debedes entender que é parte do meu instinto de mosquito e contra o cal non podo facer nada, e menos aínda se teño sobrados lugares onde picotear, e como sabedes tanto na Guarda como en toda Galicia, lugares e motivos non me faltan, por non falar de toda España e do gran Gepetto.Entristéceme profundamente ver que algúns de vós non sodes capaces de pensar por vós mesmos e só facédelo coas anteolleiras partidistas, defendendo a capa e espada verdades indiscutibles, porque picar picarei, pero MENTIR NON.
Só vos digo que se seguides por ese camiño ao único lugar ao que chegaredes con total seguridade será a San Gregorio para que vos cambien o día da festa, (non vos queda tan lonxe despois de todo....), eu pola miña banda logo de chorar un pouco polo voso futuro, sigo voando e picando que esa é a miña función, píquelle a quen lle pique, e ao que lle pique que se rasque onde sexa, despois de todo o mosquito soamente responde ao seu propio clube, que como sabedes quedou constituído como Mosquito Fiable Club, nin do PSOE, nin do PP, nin do BNG, nin do Tega, nin de ninguén que non sexa e actúe coma un mosquito de nós, con transparencia, honestidade, eficiencia y honorabilidade (nas picaduras) .
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Vamos mirar cantos lambons te contestan, mui ben dito, e o que lle pica que se rasque, e se non que se poñan ungüentos anti-mosquitos donde lle doa.Ou tamen que se vaian a refrescar a praza do alcalde frustado, que os chorriños se auga frasquiña son bos.Estamos contigo.
Vamos mirar cantos lambons te contestan, mui ben dito, e o que lle pica que se rasque, e se non que se poñan ungüentos anti-mosquitos donde lle doa.Ou tamen que se vaian a refrescar a praza do alcalde frustado, que os chorriños se auga frasquiña son bos.Estamos contigo.
Anónimo dixo:
anda mosquito que xa sabes que contas coa miña afiliación ao teu clube, cada vez vamos ser mais mosquitos neste pobo, pódense preparar para as picaduras os que non fagan as cousas ben...
Ningún comentario:
Publicar un comentario