7 de set. de 2010

VILA NOVA DE CERVEIRA



ESTE SÁBADO 11, MINHO REGGAE SPLASH 2010




Javier Ayco / V. N. de Cerveira


O Minho Reggae Splash abrirase este sábado 11 de setembro en Vila Nova de Cerveira dende primeira hora da maña.

Como chegar a vila nova de cerveira:
link gooogle maps pulse aquí
Recordade co sábado pola mañá en Cerveira hai feira.


PROGRAMA

Deportes no parque de lazer castelinho

11:00 – ESCALADA DEPORTIVA
Escala deportiva para nenos e adultos con monitores profesionais.
Asi mesmo, o lado do rocodromo ábrese a pista de Skateboard de Cerveira.

11:00 – SENDEIRISMO
Inscripción as 11:00. Saída en autobús as 11:30 horas cara O Rosal (As aceñas) e volta cara Cerveira en camiñada pola veira do río minho. Duración aprox. 2 horas e media.

Show na rúa, no terreiro

15:00 – CIRCO ESCARRANCHADO
Unha das parella máis divertidas da Galiza amenizarán o Terreiro de Cerveira cun espectácula cargadiño de Clow e malabares … Todo un espetáculo para non perdelo.

16:10 – BUGARABÚExhibición de percusión e danza africana levada a cabo por Ramón Álvarez e Cristina Malvárez. Este espectáculo de grande calidade recorre as vellas polirritmias africanas, pertencentes a cultura Malinke originales de Mali, Guinea, Sierra Leona e Costa de Marfil.17:00 – SO MATUTOS
So Matutos é unha banda de reggae roots e samba reggae de Vigo.A banda fórmase neste ano polo cantante e instrumentista Joao, artista brasileiro afincando en Vigo, con músicos de reggae da cidade, os cales formaron parte doutras bandas.relevancia na e

Talleres de expresión libre no parque de lazer castelinho

17:00 – TALLERES DE EXPRESIÓN
Percussão da áfrica,você pode tocar e participar com um djembe
Danças da áfrica por Bugarabú, baile às danças tradicionais da áfrica
Artes circenses, participe e aprenda malabarismo e expressão corporal


Concertos no Auditório Municipal

20:00 - Abertura de portas

21:00 - Selassie sound system
Unha das sound system máis activas da escena nacional, Selassie Sound System ven
dende Santiago para quentar o ambiente do MR Splash ! co mellor roots, dub e raggamuffin.

22:00 – ZAMARAMANDI
Contamos cunha das bandas máis activas do panorama nacional. Zamaramandi créase
no ano ‘08 en Vigo e non deixan de sorprender aló onde actuan pola frescura e calidade
da banda, e pola súa particular visión do reggae. No MR Splash ! difrutaremos do roots
máis clásico cargado de atmósferas dub o máis puro estilo xamaicano.

23:45 – BUSH DOCTORS
Estamos ante a primeira banda de reggae en Galicia. Bush Doctors naceu na Coruña
no ano ‘94, acadando en pouco tempo un recoñecemento o ser apadrinados por
Rita Marley e Sister Carol. No MR Splash ! poderemos difrutar do novo espectáculo
que Bush Doctors vai presentar esta nova tempada, cargado de roots e early reggae.

01:30 – BENJAMMIN
Nacido en Londres e crecido en Brighton, onde fórmase coma MC colaborando con sound systems de reggae locais a finais dos oitenta. Durante anos traballou unha gran variedade de estilos vocais, dende o roots máis profundo ata o raggamuffin ou o soul. Benjammin tamén é un recoñecido saxofonista e frautista reggae-funky dende os seus comezos. No MR Splash ! poderemos disfrutar deste gran artista de recoñecemento mundial a través dun espectáculo no que interpretará os seus clásicos coma vocalista e saxofonista.
RECORDADE QUE TODA A INFORMACIÓN ESTA EN WWW.MINHOREGGAESPLASH.COM


Unha grande aperta da organización.


Paz!

Ningún comentario:

Publicar un comentario