20 de ago. de 2010

A GUARDA

QUE ACONTECE COA FORTALEZA DE SANTA CRUZ?

Fotografías: Alberto

Infogauda / A Guarda
A maioría dos veciños de A Guarda aínda non tiveron oportunidade de acceder o interior da Fortaleza de Santa Cruz, a pesares de que ese recinto amurallado, que conta coa decraración de Ben de Interese Cultural (B.I.C.), forma parte do Inventario de Bens Municipais. Paradóxicamente, a anterior Consellaría de Cultura e Deporte, da Xunta de Galicia - daquela presidida por Emilio Pérez Touriño -, fixo un importante investimento económico.
A devandita consellaría, a traverso da Dirección Xeral de Patrimonio adxudicou en xaneiro de 2009, a empresa Atlas, S. L. a rehabilitación e formación de un centro de interpretación do Castello de Santa Cruz, de A Guarda. A día de hoxe, a posta en valor da Fortaleza de Santa Cruz, no concello de A Guarda é unha das asignaturas pendentes do goberno municipal guardés e da própia Xunta de Galicia.
As imaxes que lles amosamos - extraídas do blogue Urbanismo con Lupa - amosan craramente o lamentable e vergonzante estado no que se atopa a Fortaleza de Santa Cruz, na vila de A Guarda. O alcalde, como presidente do executivo municipal do concello guardés, e o concelleiro de Patrimonio, son corresponsables desa situación da que deberan dar as oportunas espricacións na vindeira sesión plenaria municipal. Pero tamén é ben certo, que até o de agora ninguén que nós saibamos, lles plantexou ningunha cuestión o respecto. E así está "O Castillo", como adoitan chama-lo moitos veciños de A Guarda. Cheo de matogueiras, con sinais evidentes de vandalismo, ... Como ben dixo unha veciña cuia identidade cónstanos, para te-lo así (escomenzando polos sólidos que polo Este están preto das murallas da fortaleza de Santa Cruz), máis valía que continuase sendo de propiedade particular. Alomenos non tíñamos que aturar esa aberración urbanística - da que algún día a Historia de A Guarda se ocupará de porlle nomes e apelidos os consentidores desa actuación - e a fortaleza podería quedar sen esa afectación de por vida.
Alcalde e concelleiros do grupo municipal chamado de goberno: Os cidadáns que lles deron seus votos, non foi para que vostedes locesen nas procesións eclesiásticas, nen para facer peregrinatios por etapas con degustación de birras o remate de cada unha delas, senón para outros mesteres que lles corresponden como cárregos públicos que son, pero que lles quedan un pouco grandes. Velaí un novo exemplo. É non é a primeira vez que desde Infogauda o decimos.


COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Lamentable! Non me gusta facer crítica se non é constructiva, pero é que isto non ten nome. A deixadez dos responsables deste proxecto é máis que denunciable, sexa o concello guardés ou a Xunta. Como permiten que se invirta o diñeiro público para facer isto? e inda por riba deixalo neste lamentable estado! Non hai vergonza. E o dos edificios si que non ten perdón nin desculpa! Esa aberración urbanística para que e para quen! Agora presumen de que A Guarda é un "destino turístico europeo de excelencia"
"A Guarda, horizonte natural", pero onde carallo vai quedar o horizonte?, nas xanelas dos edificios?! Os políticos locais, gobernantes e oposición son os responsables de que isto suceda, de que a xente estea desencantada cos seus discursos e de que na vila guardesa as cousas sempre se fagan rematadamente mal! Chapuzas!!! Interesados!!!! Estómagos agradecidos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario