20 de ago. de 2010

O ROSAL

XXI FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES

27 e 28 de agosto


Montserrat Domínguez Otero / O Rosal
A remates deste mes de agosto terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXI Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989.
O venres día 27 a partir das 21,00 h. participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, a Banda-Escola de Música de Beade e a Agrupación Musical do Rosal. O sábado 28, a mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Tameiga, Mos; o Coro Cantábile, da Guarda, e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario