19 de ago. de 2010

A GUARDA

COUSAS DO POBO GUARDÉS




Infogauda / A Guarda
- Algúns visitantes, o igoal que moitos veciños de A Guarda, pregúntanse porqué o Padroado Municipal Monte Santa Trega, fixo figurar no itinerario que se fai constar no folleto sobor das visitas guiadas e gratuitas no Monte Santa Trega, a Casa Forestal. Nada menos!!!
A Casa Forestal é un bó exemplo de deixadez non soio por parte do devandito Padroado - presidido polo alcalde de A Guarda - , senón pola Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos. Máis que unha Casa Forestal, semella o castelo da familia Monster. Mágoa que as pantasmas non están dentro dese inmoble, que senón podería ser un novo recramo turístico.

- A ver se se decatan dunha vez, que a Casa Forestal ben podería acoller o Centro de Interpretación do poboado galaico-romano do Monte Santa Trega. É unha vergoña que a día de hoxe – e desde fai anos - presente un aspecto deplorable. É o curioso é que nin o Concello de A Guarda, nin o Padroado Municipal Monte Santa Trega, nin ningunha outra institución – entre elas a Xunta de Galicia – semellen ter vontade de ofrecer outra imaxe da Casa Forestal acorde co encrave onde está ubicada.

- Moita leria coa chamada “Alameda do s. XXI”, como adoitaron procramar algúns aos que non lles doi haber fundido un pastizal - de tódolos contribuíntes - nas obras – chamadas de remodelación - e ese recinto público non conta con uns urinarios. A verdade é que sen ánemo de xustificar que algúns fagan súas necesidades “menores” na vía pública, tampouco é de estranar que algunhas rúas da vila de A Guarda estén “perfumadas” co arrecendo a “augas bravas”. A xeito de exemplo, imos citar algunhas rúas ou zoas “privilexiadas”: Secundino Melón; escaleiras entre Rúa da Cal e Praza de San Bieito; inmediacións do Balueiro, preto das casetas dos pescadores; Transversal Candeira, ...
Xa vai sendo hora que algúns munícipes con responsabilidades de goberno, vaian pensando en dotar de aseos públicos autolimpables, varios lugares da vila e do termo municipal.

- Para completar o ambente con arrecendo a “augas bravas”, os contentores de lixo – mesmo en rúas moi céntricas, como a do Coengo Juan Dominguez Fontela, por exemplo - feden que apetrenan.
Cando algúns estaban na oposición recramaban que o goberno municipal de turno, lavase os contentores. E agora qué?
Xa o dí o refrán: Unha cousa é predicar e outra dar trigo.

- As beirarrúas da vila están preparándose para a “camuflaxe”. Unhas máis que outras, pero todas ván camiño de adequerir unha nova faciana,...., caracterizada pola falla de limpeza. Algúns coidan que con pasar un tractor con unha cisterna e botar un pouco de auga, sen máis, xa está todo arranxado. E non. Iso somentes serve para tentar tapar algunha boca, que pode ser crítica – e con razón -, pero nada máis.
- Por hoxe rematamos. Agardamos as suxerencias de tódolos lectores de Infogauda para as vindeiras "Cousas do Pobo Guardés".
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Instalar urinarios públicos, facer aparcamentos soterrados na Alameda, dar saída ao porto marinheiro, circunvalación ao monte Trega, circunvalación a Guarda, parque empresarial en Tominho, Unificación de Concellos...etc., isto é ter categoría e visión de futuro para a cidadanía guardesa e visitantes, "senhor cejo" Vostede espera algo de incapacidade política.
Os paseantes, os que disfruten da Alameda que mexen na base do poste de formigón na R/Corunha, nos caminhos ou nos bares, isto e máis enxebre, ja,ja,ja....
Sobre a casa forestal non se pode habilitar porque según algúns iluminados sería utilizada por xente de A Guarda e esa casa agora é CAMPUSINA. Para exemplo temos o campo de Chans que é preferible telo abandonado antes que utilizalo.
Tínhamos unha ilusión que as pistas de aletismo foran en Chans, ou nos arredores do campo de fútbol de Tabagón, pasou o tempo e afortunadamente teremos algo parecido no Rosal.
O DE QUISQUEYA dixo:
É asombroso que de momemto o anónimos "jalabolas " non teñan posto nada en contra das verdades de este artículo, quizáis non teñan señal da wifi local e non estén enteirados, pensarémoslo en voz alta...
Son máis rúas da nosa vila que se están convertindo en basureiros, mexadeiros e cagadeiros ao aire libre, donde a suciedade, e os cheiros a mexo e merda notánse ben. Augas Bravas sonan a palabras yupis, mexo e merda e como debe de decirse claramente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario