18 de xuño de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONCEDERÁ A MANUEL DE DIOS A MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA

Infogauda / Ourense
A Deputación provincial de Ourense concederá a Manuel de Dios Martínez a medalla de ouro da provincia, a título póstumo, en base a unha proposta realizada polo propio presidente da institución, José Luis Baltar.
Con tal motivo, o máximo responsable da Deputación decic íu abrir o proceso para outorgar tal distinción e nomear a un instructor do mesmo, recollendo o establecido no regulamento de Honores e Distincións da Deputación provincial.
O instructor deste expediente de honra será o deputado provincial de cultura, José Luis Valladares Ferández, quen buscará agora adhesións tanto públicas como persoais a esta iniciativa da Deputación.
Con tal motivo, a vindeira semana enviaranse comunicacións informando desta iniciativa da Deputación provincial, á que se poden adherir, tanto por vía postal (dirixidos a: Centro Cultural Deputación Ourense. Rúa Progreso, 30 – 32003 OURENSE) ou por vía electrónica a centrocultural@depourense.es
Manuel de Dios foi poeta, musicólogo, mestre e director ao longo de moitos anos da emblemática Coral De Ruada, que vivíu baixo o seu maxisterio un pulo extraordinario.
MANUEL DE DIOS
Manuel de Dios Martínez, nace en San Xes da Rábeda en 1930. De moi neno trasládase a Ourense onde realiza sos seus primeiros estudos.A súa vocación literaria desenvólvese coa amizade de poetas locais como Abelardo Santórum, Víctor Campio Pereira, Serafín Gómez Pato e A. Tovar.
Licénciase en Filoloxía Románica. En Santiago de Compostela relaciónase con Varela Jácome, Carlos Casares, Francisco Javier Carro e J.F. Ferreiro. Colabora en “As nosas páxinas galegas” do diario ABC. Profesor de Música e Literatura na antiga Universidade Laboral.
Toma posesión no Instituto Otero Pedrayo como profesor de Lengua e Literatura española o 4 de decembro de 1961, é tamén director do Coro de Música do Instituto, e forma parte dos seminarios de Filosofía e Literatura que presiden Ferro Couselo e Ogando Vázquez. É nomeado xefe do primeiro Seminario de Lengua Galega. Ferro Couselo propono para membro do Grupo “Marcelo Macías”. É confirmado oficialmente e colabora na edición do Boletín Auriense.
Colabora musicalmente con Xaquín Lorenzo na recompilación do “Cancioneiro da Baixa Limia”. A súa afección á música lévao a dirixir diversas agrupacións corais como a Coral de Ruada que accede a súa dirección no 1956, dálle un novo rumbo ca renovación do repertorio con introducción de novas obras polifónicas galegas e da polifonía universal, en 1964 abandona temporalmente a dirección da Coral para retomala no ano 1969 ata 1970 e últimamente dirixía a coral Vellos Amigos, expresión viva das súas inquedanzas musicais e poéticas.
O seu currículum é amplo como compositor xa que rescata cantigas populares , ademáis de crear pezas propias, montando un auténtico archivo musical de coro, entre as pezas populares destacan “Ourense ó lonxe”, e “A Virxe de Portovello”, recollidas nun amplo repertorio publicado pola Deputación Provincial no 2005 titulado : “Cantos de traer e levar” ademáis de musicólogo é poeta. Autor do libro de poesía : “Cantares” (2005), editado tamén pola Deputación Provincial.
Falece aos 79 anos, o 12 de novembro de 2009, é soterrado en San Payo de Albán, en Coles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario