18 de xuño de 2010

OURENSE

DAVID RODRÍGUEZ CASAS GANA O I PREMIO DO CERTAMEN DE ARTES PLÁSTICAS DEPUTACIÓN OURENSE



Infogauda / Ourense
Unha serie fotográfica titulada “Recuerdos” de David Rodríguez Casas na que traballa sobre rostros analizando o paso do tempo, intervidas con xelo e diferentes foi a obra seleccionada como ganadora polos membros do xurado da IX edición do certamen internacional de artes plásticas Deputación de Ourense e que está dotado neste caso con 6.000 euros.
Os 4.000 euros do segundo premio recaeron na creación “El”, de Nuria Rubial García, consistente nunca instalacións que recrea unha expresión dun rostro realizada con las e alfiletes.
O terceiro dos premios, dotado con 2.000 euros, recaeu na obra presentada baixo o título de “Las buenas formas”, de Cris Carballo e Pablo Huertas, que presentan unha serie de grabados con láser sobre papel.
As bases deste certame creado pola Deputación para premia-lo labor de artistas menores de trinta anos conceden tamén dous accésits, dotados con 1.000 euros cada un deles. Neste caso, os traballos premiados foron o de José Andrés Santiago Iglesias (S.T da serie Nipponadas) e Pedro Pérez Varela polo traballo fotográfico “Diógenes”.
O xurado estivo integrado por Mercedes Rozas (comisaria de exposicións e crítica de arte); Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense; Angel Cerviño, pintor, escritor e comisario de exposicións, e Xosé Buxán, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra e ex comisario da sala Alterarte. Como secretario actuou o director do Centro Cultural, Francisco González.
Como xa se ten feito nas anteriores edicións, os premios entregaranse oficialmente coincidindo coa inauguración da exposición que recollerá os mellores traballos. Esta exposición poderáse ver neste recinto cultural a partires do día 2 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario