A DEPUTACIÓN AXUDARÁ AOS CONCELLOS DA PROVINCIA EN MATERIA DE CONTROL DAS AUGAS DE BAÑO
Infogauda / Ourense
A deputación provincial de Ourense prestará un servizo de asistencia técnica aos concellos da provincia en materia de control sanitario de augas de baño (especialmente piscinas e praias fluviais), despois de que así o acordase a Xunta de Goberno da institución provincial, que proporá o desenvolvemento de convenios de colaboración cos concellos ou mancomunidades interesados.
A Deputación prestará aos concellos adheridos o servizo necesario para que cumpran as obrigas que lles establece o Decreto 103/2005 do 6 de maio que regula os controis sanitarios en piscinas públicas, incluíndo a toma de mostras e análise de polo menos PH, amonio, oxidabilidade, conductividade, concentración do desifectante empregado, aerobios totais a 37 ºC e E. Coli. O número mínimo de análises será de un ao mes.T

amén se fará un control de legionela (control especialmente necesario se as piscinas dispoñen de auga quente sanitaria (duchas). En praias fluviais, os análisis inclúen control de E. Coli e Enterococos.
Para favorecer a prestación deste servicio, que se realiza vía convenio cos concellos interesados, estes deberán adhririse ao mesmo cubrindo un modelo realizado ao respecto e no que debe indicarse que tipo de servizos desexa que se lle presten (control en piscinas públicas de uso colectivo, control de lexionela e praias pluviais).
Ningún comentario:
Publicar un comentario