12 de xuño de 2010

OIA

FENTOS ARBÓREOS DE OIA
ELEMENTO NATURAL DE INTERESE COMARCAL (ENIC)
SON UNHA DAS XOIAS NATURAIS DO BAIXO MIÑO E, PARTICULARMENTE, DE OIA


Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
Ata o ano 2006, chegou haber algo máis dunha ducia de exemplares con tamaño do tronco superior a medio metro, os máis altos sobrepasaban os tres metros de altura. Pertencen á especie Culcita macrocarpa. No verán do ano 2006 dous acontecementos naturais infrinxiron un severo castigo aos mesmos: primeiro un grande incendio forestal que arrasou grande parte da comarca e que afectou negativamente aos fentos, pero o máis grave foron as riadas que levaron por diante a maior parte dos exemplares. Quedaron sete dos que un non conseguiu recuperarse, polo que, nestes intres, son seis os exemplares que hai totalmente recuperados e aos que ANABAM dedica parte dos seus esforzos a protexer e conservar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario