29 de xuño de 2010

A GUARDA

UNHA MOSTRA MÁIS DO POPULISMO DO GRUPO MUNICIPAL DE GOBERNO


Infogauda / A Guarda


Un lector deste xornal dixital vén de remesarnos a fotografía que lles amosamos é o texto que figura como titular desta reseña. Desde Infogauda parécenos que o que reflicte a imaxe non deixa de ser unha cortina de fume do grupo maioritario para desvia-la atención daqueles veciños que son afeccionados o deporte futbolístico. Tan soio é un xesto para á galería. O grupo de goberno non lle importa á selección española de fútbol, como non lle importan outras moitas cousas moito máis importantes. É hai probas dabondo que o acreditan. O grupo maioritario de goberno do concello de A Guarda, ó único que lle importa é simplemente o populismo. Que a selección española continúe no Mundial de Fútbol de Sudáfrica é algo que non resolve ás carencias que tén España, nin as que tén Galicia, nin as que tén A Guarda. Os xogadores da selección española de fútbol viven da súa profesión que é a deportiva. Polo tanto que gañen ou non, os encontros que teñan que disputar, é algo que lles vai implícita na súa actividade. O alcalde e os concelleiros do grupo municipal de goberno do concello de A Guarda deberan preocuparse menos do populismo e interesarse máis por gobernar para todos, sen ningún tipo de discriminación, e deixarse de facer brindis o sol, que son totalmente estériles para a cidadanía.

A Guarda necesita unha zoa industrial onde se poidan ubicar ás empresas que están demandando solo o efecto e que algunhas xa se foron para Vila Nova de Cerveira e para Tui. Pero iso semella que o grupo de goberno non lle preocupa.

A Guarda precisa mellorar ás prestacións do porto pesqueiro, e darlle unha saída sul a zoa portuaria. As demandas dos veciños non están sendo atendidas polo grupo municipal de goberno.

A Guarda precisa aparcadoiros públicos. Moitos veciños doutros concellos e mesmo os comerciantes, veñen demandando facilidades para estacionar seus vehículos. Pero iso non lle preocupa o goberno do concello guardés.

A Guarda necesita un Centro Multiusos, dotado de un Auditorio con capacidade, alomenos para 500 persoas, que ben podería ubicarse no solar do antergo colexio Manuel Rodríguez Sinde. Os que teñen adicacións exclusivas e parciais non deron os pasos necesarios para facer realidade esa reivindicación veciñal.

A Guarda necesita unha mellor dotación no Centro de Saúde. A día de hoxe para que nos fagan unha radiografía hai que ir o Centro de Saúde de Tui. O grupo de goberno de A Guarda nin co anterior Goberno da Xunta de Galicia nin co actual, conqueriron acadar esa infraestructura sanitaria.

A Guarda precisa unhas pistas de atletismo. O grupo de goberno non lle preocupa esa aspiración de moitos xóvenes guardeses.

A Guarda precisa pór en valor, e canto antes, a fortaleza de Santa Cruz. O grupo de goberno semella non tet presa en face-lo posible.

E así poderíamos continuar até mañá.

"A Guarda coa selección". Nós preguntámonos: Con cal?



COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:


Anónimo dixo:
Cando xoga a Selección Galega nin se acordan nin creo que sepan que xoga, pero pra faer o paripé si saben faelo e gastar o diñeiro na pancarta e mentras os problemas graves que tenemos no noso pobo nin se acordan, nin queren nin pensan en solucionarlos. Eles andan a su bola e a prepotencia que teñen pálpase cando pases xunta eles e elas. Pero xa falta menos por aturalos.

TOÑITO URIS dixo:
Aproveito éste medio pra seguir denunciando a persecución por parte de membros da Policía Local a os clientes que se paran brevemente frente a nosa Copistería por denunciar publicamente un PROBLEMA GRAVE en Tema de Seguridad Vial que temos na nosa Vila. O que se expón en INFOGAUDA son verdades que non teñen excusa e son verdadeiras, e lamentables. Deixen de faer pamplinadas con unha pancarta evocando o espíritu patriótico e póñanse a traballar en resolver muitos dos problemas que se mencionan.

Anónimo dixo:
Non é populismo é a cova de ALIBABÁ, é a inutilidade manifesta. E un canto ao novo fascismo, recorte dos dereitos laborais, recorte ao dereito a folga, subida de impostos indirectos e directos, recorte das pensións, despido case gratuito.... etc. O éxito de Zapatero é dun 2% de superávit a un 11% de déficit o PSOE e igual que o fútbol o "CANCER". Por iso poñen a bandeira pirata a de Franco, clero e non a democrática que é a REPUBLICANA. Un millón de euros para os xogadores se gañan o mundial, e non pagan impostos a facenda, e os clubes de fútbol deben mais de 900 millóns de € a Seguridade Social.

E logo din que temos que decir viva España. Terémos que decir viva IBERIA REPUBLICANA.

Anónimo dixo:
O iluminado Alcalde o "señor" del Opus, ¿Que fixo para dar saída ao porto Guardés? Moi sencillo pechalo. A senda litotal ou paseo marítimo e unha aberración. A Guarda segue sen circunvalación sen saída do porto por estrada cara o norte é sur. A presunta autovía tiña que ser pola beira do río Miño en pilotes e que pasara polo porto Guardés cara a Baiona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario