1 de xuño de 2010

A GUARDA

IMERYS KILN FURNITURE (IKF ESPAÑA, S. A.): A ONDE QUER CHEGAR A MULTINACIONAL FRANCESA?


Infogauda / A Guarda

A fábrica que a multinacional francesa Imerys tén nas Cachadas, no termo municipal de A Guarda, semella ter os días contados. Sen ánemo de ser agoiro, compre salientar que os mandos intermedios desa factoría están levando a cabo o que podería chamarse despedimentos encubertos. A día de hoxe, e no que levamos do presente ano 2010, segundo puido saber Infogauda, xa foron "amortizados" varios postos de traballo, incruídos varios descendentes dos fundadores da empresa que no seu día se chamou José Antonio Lomba Camiña, S. A.. Empregados cualificados, que levaban máis de dúas décadas nesa empresa, están hoxendía engrosando as listas do Servizo Público de Emprego.
Para levar esa "amortización" de postos de traballo, que máis ben é unha verdadeira sangría, a Dirección da empresa tén aboado ás correspondentes indemnizacións, que segundo puido saber este xornal dixital, superaron ás cuantías previstas na lexislación vixente. A táctica semella ser á seguinte: "Engrasar" pecuniariamente aos traballadores "seleccionados", para que nin as centrais sindicais, con representación no comité de empresa, nin as demáis, digan nada. A día de hoxe ninguén dixo esta boca é miña. Nin as Corporacións Municipais dos Concellos de A Guarda e do Rosal, nin no Parlamento de Galicia, nin nos medios de comunicación social,... Silencio absoluto. Tampouco temos constancia de que as autoridades laborais competentes - é un decir - haxan tomado cartas no asunto. Así algúns traballadores van de un expedente de regulación de emprego (ERE) a outro, como se tal cousa, ainda que obviamente, a regañadentes. As centrais sindicais con representación no Comité de Empresa teñen informado negativamente algunha solicitude de ERE, pero logo en algunha asamblea, os traballadores aceptaron o ERE. O pasado venres houbo outra asamblea. Un novo ERE está planeando por riba das testas de uns cantos productores. Os afectados serán, cáseque con certeza, os mesmos de sempre.
O silenzo máis ou menos cómplice - moitos saben o que está pasando pero ninguén dí nada - do conxunto da sociedade guardesa, representada por un grupo municipal de goberno que ademáis de ser demostradamente incapaz de liderar a defensa dos postos de traballo da fábrica das Cachadas, mira para outro lado, c omo se nada estivese acontencendo; e por unhas autoridades con distintos niveis de responsabilidade, que deixan facer o que a Imerys lle peta; está permitindo que a multinacional francesa, con 102 fábricas e presenza en 24 países, un censo laboral de 5.330 empregados e unha cifra de negocio en 2009, de 794 millóns de euros, esté dando os pasos previos necesarios para facer o mesmo que fixo en Cuntis. É decir, pechar ese centro de traballo. Ainda estamos a tempo de tentar evita-lo.
A pretensión desta información - por se algúns non se decataron - non é outra que tentar quebrar o silenzo que aboca a un futuro incerto a máis de 40 persoas da fábrica que Imerys tén no Baixo Miño.
OPINIÓNS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Mundifiestas dixo:
É verdadeiramente preocupante o que estáis informando, iso sí eu teño claro que o Equipo de Goberno non vai a facer nada agora que ainda se está a tempo, cando pechen entón si saldrán a faer o paripé. Cada vez temos menos postos de traballo do noso pueblo e non se mira gañas de dar soluccions o loitar por a creación de postos de traballo por parte de éstos PERSONAXES, como eles téñeo resolto a fin de mes os demáis que se FODAN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario