5 de xuño de 2010

A GUARDA

FESTAS DO SEÑOR

- Na noite deste sábado decenas de alfombristas farán tapices de frores e de sal en varias rúas da vila

- A Guarda celebra así seu Corpus mariñeiro



Infogauda / A Guarda
A Comisíón de Festas do Santísimo Sacramento, que preside Miryam Lomba Rodríguez convídamos disfroitar do programa de festexos que terán lugar na vila da Guarda, esta fin de semana, días 5 e 6 de xuño.
No programa está incruído un pasarrúas do Grupo de Gaitas do Club da Terceira Edade de A Guarda, así como unha gran verbena, na noite deste sábado, amenizada pola orquestra Estrellas Azules é o grupo Ilusión.
Asemade haberá unha chocolatada nocturna, gratuita para tódolos públicos.
Compre salientar que como en anos precedentes, na tardiña de hoxe sábado escomenzarán a elabourarse as afamadas alfombras de frores e de sal, que se a climatoloxía é favarorable, como é de agardar, poderán ademirarse desde ás primeiras horas da mañá do domingo até que logo da solemne eucaristía que terá lugar ás 11.30 h., no igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, pase por elas a procesión do Santísimo.
A misa solemne será oficiada polo párroco Jesús García Villadóniga, e será cantada polo Coro Parroquial da Guarda, dirixido por Felicidad Martínez Vicente.
Pechará a procesión a Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Luís Alonso Treinta.
Na tarde do domingo día 6, desde ás 18.00 h., no Auditorio de San Bieito, animación infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario