ZP E SÚA TROUPE, PROTAGONISTAS DE AVARATAR
Infogauda
Un lector deste xornal dixital vén de remesarnos a imaxe que lles amosamos, e que segundo nos dí no seu comentario "corresponde a ZP, o "protagonista" principal - coa colaboura dunha "troupe" de peóns da grande patronal e da dereita máis rancia deste país -, que convidados polos seus "pais espirituais" Barack Obama, Angela Merkel e Nicolas Sarcozy, levarán a cabo, a partires do vindeiro día 16 deste mes de xuño de 2010, a posta en escea da súa "obra magna". A que constituirá para desgraza dos currantes deste país, a maior regresión dos dereitos de tódolos traballadores, dos últimos 50 anos. Pódenlle estar agradecidos tódolos fieis votantes do P. E. (Partido do Español), ao que desde a chegada a Moncloa deste suxeto foinos demostrando día a día, súa incapacidade para gobernar, o que antes da súa victoria electoral era un grande e respectado país, e que agora, pola súa ineficacia, perdeu posicións en moitos ámetos da economía europea e internacional e pasou a ser obxecto de "vixiancia permanente".
"Avaratar" é a consigna que lle deron a ese sinistro persoeiro os devanditos tres amos, e que este "fiel dobermann" está decidido a cumplir, traizoando á memoria histórica - a que tanto invoca cando lle convén - do seu club de amigos e amigas, antes coñecido como P.S.O.E., e sobor de todo a crase traballadora que confiou n´un elemento que pasará a historia polo seu antiobreirismo. Todo elo consentido polos dirixentes dalgunhas centrais sindicais entreguistas que semellan estaren noutra galaxia: na da poltrona. Na que non hai despedimentos, nin ERES, nin peches de centros de traballo, nin deslocalizacións, nin plans de produccións,...
¡Qué asco me dán!
Fronte a esas actitudes que contribuirán a que os ricos (Banca, multinacionais, etc.) sexan cada vez máis ricos e os probes cada vez máis probes e máis endebedados, soio cabe unha contundente resposta da cidadanía, a traverso dunha movilización unitaria, que xa debeu haber sido convocada con anterioridade e que non debera demorarse máis.
Ademáis, os traballadores, pequenos industriais, desempregados e pensionistas deste país, deberan ter moi craro, que a medio ou curto prazo debemos apoiar a outras organizacións políticas que verdadeiramente contribúan a correxir o errático rumbo d´un goberno a deriva, que non tén un capitán cualificado, que levou o barco contra as rochas, que fai auga por tódolos lados e que, visto o visto, as ratas serán as primeiras en abandoar o que quede dese naufraxio".
Ningún comentario:
Publicar un comentario