A DEPUTACIÓN OFRECE AXUDAS DE ATA 3.000 EUROS ÓS HORTICULTORES DA PROVINCIA CUN INVERNADOIRO DE MÁIS DE 500 M2

Estas axudas económicas para os cultivos de baixo abrigo contan cun orzamento provincial inicial de 150.000 euros
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra fixo público no Boletín Oficial da Provincia a aprobación das bases reguladoras da concesión das axudas económicas para os cultivos baixo abrigo. A iniciativa, destinada a fomentar e impulsar esta modalidade hortícola en invernadoiro, conta cun presuposto provincial inicial de 150.000 euros.
Obxecto das axudas
As axudas irán destinadas á reparación dos elementos estruturais que conforman a propia instalación hortícola (pilares, arcos, crucetas, omegas, canelóns, barra de cultivos…) que estean deteriorados por mor do mal tempo ou debido a pequenos accidentes no interior do invernadoiro e á reposición dos plásticos da cuberta.
Destinatarios
Os beneficiarios, que recibirán unha contía máxima por persoa de 3.000 euros, poderán ser horticultores da provincia de Pontevedra asociados ou a título persoal, que teñan e traballen un invernadoiro cunha superficie mínima de 500 m2.
Solicitudes e prazos
As solicitudes deberanse presentar no Rexistro xeral da Deputación antes do 18 de xuño, axuntando a documentación necesaria e o modelo normalizado correctamente cumprimentado (máis información en: www.depontevedra.es)
Criterios de valoración
As solicitude valoraranse tendo en conta os seguintes criterios: segundo á asociación do produtor, se pertencente a unha entidade asociativa agraria (10 puntos), se está dado de alta no réxime esp.agrario (20 puntos), e se inicia a actividade hortícola (10 puntos); en función da idade do produtor, se ten entre 16 e 30 anos (15 puntos), se ten entre 31 e 40 (10 puntos), e se ten de 41 a 50 (5 puntos); tendo en conta as dimensións da explotación, se esta ten de 1.000 a 2.000 m2 (5 puntos), para un terreo de 2.000 a 3.000 m2 (10 puntos), e se é maior de 3.000 m2 (20 puntos); xa por último, o potenciamento dos cultivos hortícolas na provincia sumará ata un máximo de 25 puntos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario