DÍA MUNDIAL SEN TABACO NO CENTRO CULTURAL
Infogauda / Ourense
A celebración do DÍA MUNDIAL SEN TABACO escolleu o Centro Cultural para realizar a súa actividade central, promovida pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense e a Organización Mundial da Saúde (OMS).
Baixo o título xenérico de “Xénero e tabaco”, a medio día desenvolveuse unha conferencia dirixida a escolares ourensáns para conciencialos dos perigos do tabaco e para incidir no peso que a muller está tendo no incremento de fumadores.A ponencia foi inaugurada polo Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e presentada por María Villar, Xefa Territorial de Sanidade. A xornalista Miriam Sierra falou de “Muller e publicidade: imaxe ou desexo” e a sicóloga Miriam Otero titulou a súa intervención “Muller e tabaco, ¿cómo nos venden a moto?”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario