25 de maio de 2010

OURENSE


“REHABILITANDO EN OURENSE”, XORNADA INFORMATIVA MAÑÁ NO CENTRO CULTURAL
Infogauda / Ourense

O Centro Cultural da Deputación acollerá mañá, mércores, día 26 de maio, a partires das 20:00 horas, unha xornada informativa baixo o lema “Rehabilitando en Ourense”, promovida pola Asociación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense (ADEIDO),que preside Benito Iglesias.
Esta xornada está destinada a tódalas persoas interesadas na rehabilitación de vivendas, sendo de carácter aberto. Na mesma explicaranse as axudas vixentes que se poden solicitar en materia de rehabilitación e exporanse as razóns de por que rehabilitar.Como ponentes invitados participará Begoña Cádiz, técnico de turismo do Inorde, que realizará un percorrido virtual pola provincia salientando as súas posibilidades, e Xan Xosé Rodríguez, Presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense, quen marcará as boas prácticas a realizar en materia de rehabilitación dunha vivenda, así coma os pasos a seguir.A Asociación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense veu realizando nos últimos meses diferentes actividades de promoción das labores de rehabilitación no medio rural, como elemento de dinamización dos pobos da provincia e como unha alternativa ás inversións convencionais.
Lugar: Centro Cultural Deputación
Día: 26 de maio
Hora: 20:00 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario