A DEPUTACIÓN MERCARÁ SOLO URBANIZABLE PARA CONSTRUIR VIVENDA PROTEXIDA

Infogauda / Ourense
A Deputación provincial de Ourense ten intención de mercar solo urbanizable co obxectivo de construir vivendas que serían destinadas á súa venda a prezo de vivenda protexida autonómica, coas vantaxes que para o cidadán ten este modelo.
O obxectivo da institución provincial é realizar esta actividade a través da Sociedade Urbanística Provincial (Urbaourense), polo que deberá ser a Xunta Xeral da Sociedade a que aprobe esta proposta. A mesma será sometida a debate na reunión prevista para mañá, día 26 de maio, ás 10:45 horas no salón de Plenos da Deputación.A Xunta Xeral de Urbaourense (máximo órgano de xestión e decisión da sociedade urbanística da Deputación e que preside José Luis Baltar) destinará a este fin unha cantidade fixada inicialmente en oitocentos mil euros (800.000 €). Este diñeiro ten como fin mercar “solo público ou privado” e será condicionado sempre á construcción de vivendas para “a súa venda a prezo de vivenda protexida autonómica concertada”.Con esta medida, a Deputación tenta desenvolver un proxecto de actividade económica que contribúa á creación de emprego e dinamización empresarial nestes momentos de especial recesión.

Ningún comentario:
Publicar un comentario