10 de maio de 2010

OURENSE

A ROMARÍA “RAIGAME” DE VILANOVA VIAXA 100 ANOS NO TEMPO ATA AS ANTIGAS FEIRAS DE OURENSE



Nesta edición homenaxéase ao gremio dos zapateiros, e a Florencio de Arboiro polo seu traballo de recuperación das rodas de afiar.
Infogauda / Ourense
Unha viaxe de 100 anos no tempo. Así se define a IX Edición da Romaría Etnográfica “Raigame” de Vilanova dos Infan tes, patrocinada pola Deputación de Ourense, que este ano terá como protagonistas ao gremio de zapeteiros e zoqueiros. O fermoso núcleo de Vilanova, que abraza a vella torre, converterase no centro da etnografía galega o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, para render homenaxe a todos os artesáns que ao longo da historia de Ourense contribuíron co seu nobre arte ao progreso das xentes e dos pobos e aldeas da nosa provincia.O programa de actos desta nova edición de “Raigame” presentouse hoxe na Deputación de Ourense coa presenza do presidente da institución provincial, José Luis Baltar; o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño; os coordinadoras da romaría, Mariló e Xulio Fernández Senra, e o xornalista de Celanova, Antonio Piñeiro.José Luis Baltar cualificou a “Raigame” como una cita ineludible no calendario etnográfico galego, “porque coa súa novena edición é un evento xa consolidado que dende a Deputación apoiamos porque queremos manter vivos o folclore e as tradicións, a cultura e a historia da nosa provincia”. Baltar agradeceu a xenerosidade dos veciños de Vilanova ao ceder tanto os baixos como as parcelas para facilitar o aparcamento, agradecemento ao que se uniu o alcalde de Celanova, “pois grazas a todos eles e á xente que colabora podemos facer que Raigame sexa un referente e converta ao Días das Letras Galegas nunha xornada activa e participativa”, dixo Antonio Mouriño.O presidente da Deputación de Ourense afirmou que o lugar escollido para a romaría, Vilanova dos Infantes, “é extraordinario e inmellorable para levar a cabo o evento etnográfico máis importante dos que se celebran en Ourense. O feito de lembrar as feiras e mercados que se facían hai 100 anos na nosa provincia serve para enlazar coas nosas tradicións e para que os xóvenes comprendan o traballo que realizaban os nosos avós”.Pola súa banda, Mariló Fernández Senra dixo que nesta edición participarán en Raigame 29 grupos folclóricos, 6 grupos de ambientación de rúas, ademais dos “Danzantes de Vilanova”, que farán a tradicional danza procesional. Xunto a todos eles, artesáns e mercados de todo tipo de produtos conforman un programa que, como cada ano, contará coa presenza de miles de persoas que se achegarán ás terras de Celanova para disfrutar dunha xornada de lecer.“Este ano a romaría pretende homenaxear aos zapateiros de Vilanova, oficio que durante o século XX tivo especial relevancia entre os veciños da vila”, explicou Mariló Fernández Senra. Ademais de exposición e obradoiros alusivos aos zapateiros, a Coral da Ruada participará na misa que se celebrará na igrexa de San Salvador, e a Banda de Vilanova ofrecerá un concerto na Praza Tralacerca.O alcalde de Celanova anunciou tamén que nesta edición outorgaráselle o premio honorífico “Xan de Barros” ao escultor Florencio de Arboiro, pola súa contribución á recuperación etnográfica na provincia de Ourense. Entre os principais proxectos desenvolvidos polo escultor figura o traballo de recuperación de máis de 140 rodas de afiar e a creación do “Museo do Afiador”. O rexidor local lembrou tamén que ao día seguinte de rematar a romaría “iniciaremos en Vilanova a construción do Centro de Interpretación dos Zapateiros, unha obra que permitirá deixar constancia e poñer en valor o traballo que estes artesáns levaron a cabo ao longo da súa vida profesional”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario