5 de maio de 2010

OURENSE

JOSE LUIS BALTAR: “OURENSE ESTÁ DE LOITO POLA MORTE DE MANUEL RODRÍGUEZ DE LA FUENTE, UN EMPRENDEDOR CON MAIÚSCULAS”

Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, quere transmitir no nome da institución provincial o seu máis sentido pésame á familia de Manuel Rodríguez de la Fuente, xerente do Grupo Cuevas e presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, tráxicamente falecido onte.
José Luis Baltar afirma que coa morte de Manuel de la fuente “Ourense perde a un dos máis ferventes defensores no eido empresarial e comercial que tivo Ourense. Hoxe é un día de loito para todos os que queremos esta cidade e esta provincia, porque perdemos a un emprendedor con maiúsculas, que se vai na plenitude da súa vida profesional”.
Baltar dixo sentirse especialmente afectado polo falecemento de Manuel de la Fuente con quen compartiu días pasados conversas sobre novos proxectos empresariais e iniciativas que de la Fuente tiña pensado poñer en marcha. “Falamos en definitiva das ilusións dun home por contribuír a facer máis grande a nosa provincia, axudando e poñéndose sempre a disposición do mundo empresarial para aquelo fose necesario. Pero aínda que iso truncouse por unha fatalidade, a súa memoria e o seu quefacer serviranos para seguir traballando como el sempre o fixo por un Ourense mellor para todos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario