29 de maio de 2010

A GUARDA

LEMBRAN QUE O PROFESOR D. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE FOI PREGOEIRO DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA?


De esquerda a dereita, Manuel Díaz González "Ligero", o profesor Xosé Filgueira Valverde e Purificación Álvarez Álvarez

Foto: Santiago Baz Lomba

Infogauda / A Guarda


As Festas do Monte Santa Trega - non entendemos o motivo polo que algúns suprimen o nome dese encrave, adoitando decir e publicar, somentes Festas do Monte, cando ese Monte tén un nome que todos debéramos respectar -, teñen unha fermosa tradición adequerida ó longo de moitos anos. Unha delas é a do pregón, que aínda sen contar con moitos anos, xa constitúe o evento co que escomenzan oficialmente ás Festas do Monte Santa Trega.
Ollando á fotografía - da autoría de Santiago Baz Lomba -, que lles amosamos, vemos n´un dos balcóns da casona da familia López García, na Praza do Reló, a Manuel Díaz González "Ligero" - sendo alcalde de A Guarda -, o profesor Xosé Filgueira Valverde - efectuando o pregón das Festas do Monte Santa Trega -, e a Purificación Álvarez Álvarez, cando era concelleira de Cultura do Concello de A Guarda.
Ainda que non pasaron moitos anos desde que tivo lugar ese acto, a fotografía de Santi Baz Lomba é todo un documento que seu autor tén a ben compartir con toda á cidadanía, xesto que desde Infogauda lle agradecemos de xeito moi especial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario