A ESCOLA DE TEATRO REPRESENTA "CATALINA ZUCCO"
HABERÁ FUNCIÓNS ESTE SÁBADO E O DOMINGO
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 29 e e o domingo día, 30, ás 21.00 h., no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, actuará o grupo da Escola Municipal de Teatro, que porá en escea a obra "Catalina Zucco".
A entrada e totalmente libre e de balde.
Asemade, este sábado, ás 19.00 h. os máis cativos da Escola de Teatro, porán en escea a obra "Os Tarambanas", de Italo Calvino, que teñen preparada con moito agarimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario