TINO BAZ, GAITEIRO, CANTAUTOR E POETA
TINO BAZ
Cantautor guardés nado en 1972 no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés.

Tino Baz, amosou dende a súa nenez unha clara disposición para a música e unha certa facilidade auditiva para cultivala, sumadas a unha fervorosa devoción polo canto, posiblemente herdada de seu pai e sempre presente no entorno familiar.
Comeza a toca-la gaita ós oito anos no Grupo “OS PELOUROS”, dirixido naquela por Manuel Álvarez, mais tarde, en 1.983, incorpórase o grupo “OS PETÓNS”, sendo director do mesmo Xosé Manuel González Peniza, gaiteiro local e recoñecido con sona de bo mestre.
Coñece e participa das primeiras edicións da FESTA DA POESÍA do Condado, alá polos albores dos anos oitenta, onde sendo neno, albiscaba un espacio cultural diferente, alí precisamente onde xermolaba unha mensaxe lírica de combate e de reinvidicacón nacional a través da palabra.
No verán do ano 1.990, o cantautor Suso Vaamonde fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo “A RODA”, como gaiteiro, cantor e percusionista, nacendo dende aquela entre ambolosdous unha relación de amizade que se iría enriquecendo co paso dos anos, e que viría a ser decisiva no desenrolo de Tino, como músico e cantor. Proba diso, son as referencias cronolóxicas i estéticas daquel voz ceibe dos anos setenta, das que Tino se nutre como principal fonte da poesía galega cantada. Inflúe nel, ostensiblemente, a pegada de “FUXAN OS VENTOS” e mais concretamente “A QUENLLA”, fundamentalmente a través dos compañeiros e amigos Mini e Mero.
Gaiteiro de profunda convicción e de formación autodidacta, tivo tamén en Juan Álvarez, anónimo pero grande gaiteiro local, un grande conselleiro e informante tanto en cuestións estéticas como na súa propia visión da nosa música popular.
Defensor a ultranza do galego, entende que é necesario e triste a férrea postura na cuestión idiomática.
Deixa o grupo A RODA i escomenza a súa andaina en solitario alá polo ano 1997. Varias gravacións discográficas, viaxes por todo o país, e un feixe de actuacións, avalan a súa traxectoria como membro deste carismático grupo da música galega.
O contido do seu repertorio na súas actuacións é o resultado do tratamento de adaptacións de pezas populares mesturado cá palabra dos poetas. Así atopamos xunto a melodías tradicionais, musicacións de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, Xosé Carlos Gomez Alfaro, Manolo Pipas, Francisco Álvarez - Koki, ou mesmo a veciños seus que atopan na poesía unha boa canle de expresión. Tamén hai un espacio para musicacións e declamacións de textos propios.
Entre a gama de distintos instrumentos que manexa para desenrolar os concertos, utiliza a zanfoña, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión.
Na actualidade, no eido do Ensino, imparte charlas e da Concertos didácticos polos colexios con instrumentos populares galegos, facéndolle chegar ós nenos unha mensaxe de carácter divulgativo e pedagóxico, do que é a nosa Música Tradicional. Experiencia docente que ten espallado por todo o país, mais tamén polas terras de Andalucía, en Centros de Ensino da provincia de Cádiz e de Málaga.
Invitado pola asociación A NOSA GALIZA de Xenebra, dirixiu en Novembro do 2001 un Obradoiro de Canto e Percusión Galega para o gupo de pandereteiras ALGUEIRADA, daquela comunidade galega no país helvético.
Participou có grupo de poesía pontevedrés COLECTIVO PINDOULO, compartindo actuacións e colaborando nalgunha das pezas do seu repertorio de representación oral. Asimesmo, e seducido pola súa vea escénica, foi membro do grupo de teatro ESCENA POPULAR, da súa localidade natal, có que ten formado parte do reparto do guión dalgunhas obras e creado algunhas aportacións musicais.
Dirixiu na Guarda, durante un tempo, ó grupo de pandeireteiras “AS BATUQUEIRAS DO TREGA”, integrado por un conxunto de voces femeninas nas que se traballa fundamentalmente a canción popular utilizando o acompañamento da percusión tradicional.
Logo de ter compartido múltiples e variadas experiencias có grupo de gaiteiros TREIXADURA, formou parte do coro de voces ORFEÓN TREIXADURA. Neste caso concreto a raíz da gravación dunha das pezas incluídas no tercer disco UNHA NOITE NON É NADA, de este destacado grupo, referencia rigurosa da nosa música, de brilante e traballada traxectoria e de calidade sólida e contrastada.
Presente na FESTA DO AVANTE, organizada polo Partido Comunista Portugués nas terras do Seixal, en Setembro do 2003, compartindo tal evento, co grupo NA VIRADA de Cangas.
No verán do 2004, compaxinou as actuacións como solista có proxecto musical escénico SON DE AQUÍ, espectáculo no que se combinan unha serie de opcións artísticas diferentes, pero que se integran dentro dunha proposta multidisciplinar vencellada a realidade cultural galega desde distintos eidos nos tempos que corren. Así atopamos a LEILÍA, GAITEIROS TREIXADURA, ORFEÓN TREIXADURA, TÍTERES TANXARINA e o actor QUICO CADAVAL, que é quen funde en escena esta iniciativa e a quen corre a cargo a tarefa das presentacións.
En Decembro dese mesmo ano, fixo unha visita a Cuba, tendo a oportunidade de vivir na Habana unha fermosa experiencia coa realidade poético musical deste grande país do Caribe. Así tivo a oportunidade de cantar na Casa da Poesía da Habana, onde tamén estaría presente nunha homenaxe a cantora Teresita Fernández, indiscutible artista, pedagoga e matriarca dos cantores en Cuba. Tamén asistiu a unha homenaxe aos membros da Vella Trova Santiaguera, no Museo da Música da Habana. Neste lugar, coñeceu de perto a distintos membros da Nova Troba Cubana, tales coma Vicente Feliu, Augusto Blanca, Noel Nicola, e tamén o poeta Waldo Leiva, grandísimo poeta e letrista dos cantores antes mencionados.
No outono do 2006, participou no proxecto O QUIQUIRIQUIRI, para a Asociación de Gaiteiros Galegos, sobre a tradición musical e cultural sobre o Nadal en Galicia. Trátase dun traballo discográfico sobre o con utilidades pedagóxicas na que colaboran music@s e cantor@as Gales@s, de recoñecido prestixio e de contrastada traxectoria.
En marzo do 2007 realizou varios concertos polo País Vasco nunhas actividades programadas pola Cátedra de Estudos Galegos na Universidade de Deusto en Bilbao i en Álava polo Centro de Estudos Galegos, nunhas aulas de espallamento da cultura, lingua e literatura no exterior, da Facultade de Filoloxía de ambolosdous centros universitarios.
En novembro do mesmo ano asistiu en Xenebra ao XL Aniversario da sociedade A NOSA GALIZA, onde interviu xunto ao gaiteiro Xabier Blanco de Moaña e a poeta i escritora Carmen Blanco.
Tamén nese mes, estivo presente en Portugal no Forum de Maia, nunha homenaxe ao grande cantor Zeca Afonso, no convivio TRIBUTO AO ZECA, organizado pola Asociación Zeca Afonso, e onde Tino actuou como membro representante da música galega actual. Alí cantará e fará unha mención especial ao influxo que este histórico referente da música do século XX, fixo na nosa cultura musical.
Naquela altura, atopábase inmerso no proceso de gravación da publicación discográfica que leva por tìtulo CINSA NAMORADA e que saiu a rúa na altura do nadal, sendo presentado tal traballo o 19 de decembro no Centro Cultural da Guarda.
Botada a andar a edición deste disco fixo a presentación do mesmo por diferentes Auditorios galegos, sendo moi cálida a acollida por parte do público e tamén moi satisfactorio o resultado do traballo discográfico por parte do autor. A discográfica foi PAI MUSICA e o lugar onde se gravou o disco foi o estudio CASA DE TOLOS de Gondomar. Digna de salientar a evidencia do efecto difusor que deu de sí o rigor profesional con que foi tratado este traballo polos membros da discográfica antes mencionada, véndose refrendado este aspecto pola recepción que se vive no importante número de concertos que realiza ó longo do ano.
O que depara a actualidade despois de sacar á rúa este proxecto artístico é que o cantautor vive unha etapa de considerable fertilidade creativa, o que non desbota a posibilidade dunha próxima publicación discográfica.

TINO BAZ, MERECIDO HOMENAXE A UN ARTISTA POPULAR
A instancia de Infogauda, que lle pediu a Tino Baz unha valoración sobor do acordo adoitado en asamblea pola Agrupación Cultural Guardesa, o cantautor guardés coa súa amabilidade habitual, fíxonos ás seguintes decraracións:
"O acordo da Agrupación Cultural Guardesa de decidir este ano adicarme o Día das Letras, en primer lugar, incítame a unha autorreflexión sobre o que significa asumir unha honra coma esta. Con todo resorte de equilibrios aceptar e agradecer a decisión asamblearia que avalía, dalgún xeito, a continuidade e o resultado da adicación a unha parcela da arte concreta. Certamente, nun primer momento, vinme embargado polo vértigo, xa que no meu segmento vital si é certo que nunha analise retrospectiva vexo, con todo autorespecto, que vai habendo algo de camiño andado e por outra parte, non deixo de considerar que son un rapaz relativamente novo en proceso de crecemento camiño da madurez. Agora ben, a asamblea da Agrupación Cultural Guardesa desde o seu critero, valora desde unha óptica externa esta miña faceta e eu, con toda humildade, non podo decir mais que moitas grazas...
Honestamente, tamén me supón unha inmensa satisfacción que se visibilicen os traballos inmateriais e que se purgue a marxinalidade do oficio de cantor, que neste caso é gaiteiro. Todas as artes necesitan respecto."
Asemade, en resposta a nosa pregunta sobor dos seus proxectos a curto, medio ou longo prazo, Tino Baz afirmou:
"Teño na axenda de compromisos varios, que vai desde o calendario de concertos, actividades nas aulas, concertos didácticos, obradoiros de declamación, etc..
Andiven cantando polas aulas nestes días e no 29 de maio cantarei non Coliseum do Porto nunha homenaxe ao Zeca Afonso, con músicos e cantores próximos a esta referencia histórica da música e da cultura. En todas as intervencións que un fai, sexan didácticas ou escénicas, ten que haber un nivel de implicación emocional verdadeiro e é, un pouco donde se sustenta a fertilidade de calquer obra. Actúas permanentemente como un observador da lentura da vida, da que é, e da que ti desexaras que fora, e ambulantemente levas a casa ás costas coma o caracol, pero nalgunha altura pechareime a remexer nas pezas que van saíndo da fertilidade creativa e, se cadra, non andará moi lonxe unha segunda gravación discográfica, ou quen sabe..., a publicación dun libro de poemas. Engarza isto, un pouco coa primeira cuestión, xa que me permite ver todo o balance inmaterial de todo canto se leva feito e nese inventario ocúrrenseme cousas. Iso si, con moita calma sempre".
Ningún comentario:
Publicar un comentario