O CANTAUTOR, GAITEIRO E MÚSICO, TINO BAZ, RECIBIRÁ O VENRES, UNHA MERECIDA HOMENAXE NO SEU POBO NATAL

Infogauda / A Guarda
Como xa lles informamos oportunamente á Agrupación Cultural Guardesa vaille tributar unha merecida homenaxe o artista guardés Tino Baz Baz. Será mañá venres día 28 deste mes, ás 9 da tardiña, no Centro Cultural e Social de A Guarda.
Nesa data, na que o noso veciño Tino Baz recibirá un público recoñecemento da sociedade civil guardesa, pola súa traxectoria vital, como cantautor, gaiteiro e músico, comprometido coas nobres causas; e tamén, como persoa de ben, con inquedanzas socio-culturais; temos a certeza absoluta de que - unha vez máis, como xa aconteceu o día 19 de decembro de 2007, co gallo da presentación do disco "Cinsa Namorada", de Tino Baz - o limitado aforo do salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, resultará notoriamente insuficiente para acoller a tantos amigos, familiares e ademiradores de Tino Baz, que se achegarán até a vila guardesa para transmitirlle seu apoio incondicional.
Tino Baz, que tantas veces participou en actos de homenaxes a outras persoas, sen refugar súa colaboura entusiasta, alí onde queira que o chamasen, recibirá, en boa hora, un gran tributo de agarimo.
Da súa biografía e traxectoria musical, falará Marisa Guerra Cañizo.
E do programa musical desa velada cultural, ocuparánse a pianista Laura González; o Coro Cantabile, dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez; e o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz Martínez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario