10 de maio de 2010

A GUARDA

IMAXES DO III DESFILE DO TRAXE GALEGO


Reportaxe fotográfica: Santi Baz Lomba






Infogauda / A Guarda
Orgaizado pola Asociación Recuperación do Traxe Galego, de A Guarda, na tarde do domingo día 9 de maio, tivo lugar na vila guardesa, o IIII Desfile do Traxe Galego, no que participaron grupos de Rianxo, Tui,..., e por suposto de A Guarda. Así pudemos ollar a Banda de Gaitas de Taragoña, Asociación do Traxe de Tui, Do Lusco ó Fusco, Xamaraina, Trullada, Club da Terceira Edade e Pensionistas de A Guarda, Grupo de Baile Anduriñas, do C. P. Solanas; Churumbela, Os Petóns, A Boalleira,...., e tamén un bó número de participantes de tódalas edades, de xeito particular.
O desfile saiu desde a rúa Os Bechos, pasando polas rúas Julia Vaquero, Galicia, Pacífico Rodríguez e Concepción Arenal, para rematar no Auditorio San Bieito, onde tódolos participantes foron desfilando por diante do público que logo de arroupar coa súa presenza o desfile nas beirarrúas do centro da vila, presenciaba o evento nas bancadas dese recinto. Alí recibirían o agarimo dos presentes, en forma de aplausos, pola súa participación nesa actividade.
Nesta edición botáronse en falla algúns grupos que participaran na edición anterior. Ainda que haberá que incentiva-la participación para ás vindeiras, felicitamos a Asociación Recuperación do Traxe Galego, de A Guarda polo seu esforzo na organización do desfile e tamén polas actividades (conferencia e exposición) desenvolvidas previamente.
O desfile remataría coa actuación do Grupo Xamaraina e o sorteo de varios agasallos, algúns dos cales foron recollidos polos agraciados e outros serán entregados cando os afortunados presenten as rifas premiadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario