Sanidade presenta a Estratexia galega contra o cancro que permitirá o diagnóstico en menos de 15 días e a primeira actividade terapéutica en menos de 30 días nas patoloxías máis comúns
· Pilar Farjas na rolda de prensa
Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Os cancros de pulmón, próstata, mama e colorrectal supoñen o 80% dos casos.
Sanidade desenvolveu catro guías de actuación para garantir aos pacientes con sospeita destas patoloxías a axilización da atención.
Esta estratexia galega conta con seis grandes liñas: a integración asistencial, a calidade percibida, a acreditación de unidades específicas, a investigación, a monitorización e avaliación, e a prevención.
Todas estas actuacións están orientadas a aumentar a supervivencia e calidade de vida dos pacientes, a garantir a accesibilidade e equidade da asistencia, e a potenciar a investigación orientada a resultados en saúde.
Garantir o tempo de “espera cero” para estes pacientes é unha das liñas estratéxicas asumidas ao inicio da lexislatura.

Economía e Industria amplía en 500.000 euros os fondos do Plan Renove de Fiestras 2009, cuxa solicitude de axudas se abre mañá
· O director do Inega, Eliseo Diéguez, durante o acto de presentación dunha segunda edición do Plan Renove de Fiestras Só mediante esta segunda edición da campaña, se posibilitará un investimento asociado de 2 millóns de euros.
O director do Instituto Enerxético de Galicia explicou que a posta en marcha desta nova actuación de aforro e eficiencia enerxética nos fogares vén motivada polo elevado volume de solicitudes recibidas, que fixo que o orzamento inicial de 1,2 millóns de euros se esgotase en tan só 3 días.
A solicitude de axudas, dunha contía de 100 euros por metro cadrado de fiestra, abrirase mañá e poderase realizar ata o 30 de outubro ou ata que se esgote o orzamento.
A incidencia total que se prevé co Plan de Fiestras 2009, cando estea totalmente executado, é alcanzar un investimento asociado de 6,5 millóns de euros e chegar a máis de 1.300 vivendas beneficiadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario