30 de maio de 2010

EXPOSICIÓN DE BAS JAN ADER NO CGAC



Chanfreiros

Do 28 de maio ao 5 de setembro vai ter lugar a exposición sobre o artista neerlandés Bas Jan Ader e que leva por título "In Search of Miracolous: trinta anos despois". Nela, o protagonismo, cae sobre o proxecto expositivo máis ambicioso do artista realizado en L.A. Este proxecto contaba con dúas partes máis que non se chegaron a rematar porque Ader desapareceu mentres intentaba cruzar o Atlántico Norte desde EE. UU. a Inglaterra. O iate da travesía chamábase o Ocean Wave e foi atopado dez meses despois polo Eduardo Pondal, un barco galego de pesca no Gran Sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario