O CENTRO PEN CLUB DE ESCRITORES GALEGOS, FAMILIARES, VECIÑOS E AMIGOS DO ESCRITOR E POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO RELEMBRARON SÚA FIGURA LITERARIA
O Centro Pen de escritores galegos editou Poesía galega toda I e II, na que se recolle toda á obra poética en galego, de Xosé Carlos Gómez Alfaro
O presidente do Pen Club, Luís González Tosar e o académico Xesús Alonso Montero voltaron novamente a Cenlle co gallo do segundo cabodano do pasamento de Xosé Carlos Gómez Alfaro Infogauda
O Centro Pen Club de escritores galegos, representado polo seu presidente Luís González Tosar, e polo académico, escritor e ensaista, Xesús Alonso Montero; así como familiares, amigos e veciños do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, veñen de renderlle unha emotiva lembranza o cumplirse o segundo cabodano do pasamento do escritor.
Os actos na súa lembranza, que tiveron lugar en Sadurnín (Cenlle) o pasado domingo día 16 deste mes, comezaron con unha misa. O remate da celebración eucarística, tivo lugar no cemiterio parroquial, unha ofrenda poética na que o académico Xesús Alonso Montero, amigo persoal do poeta X. C. Gómez Alfaro, fixo unha disertación sobor da figura literaria do homenaxeado.
Segundo afirmou o profesor Alonso Montero, aínda que Xosé Carlos Gómez Alfaro está considerado como o poeta do Ribeiro, o seu alcance e maior, porque a súa trascendencia é universal con independencia da lingua na que escribira.
Alonso Montero sinalou que o poeta trascende a ferramenta que utiliza para escribir e tamén o su territorio.
Deseguido interviría González Tosar para presentar Poesía galega toda I e II, obra en dous tomos, na que se recolle á creación poética en galego de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
González Tosar tamén salientou que "(...) a mellor homenaxe consiste en difundir a súa obra para que sexa coñecida e valorada".
Como era de agardar, no acto literario tamén houbo referencias a Uxío Novoneira, o que Xosé Carlos Alfaro lle adicara un poema, que foi recitado nese acto cívico, ademáis de outros recollidos na súa obra completa, editada polo Pen Clube.
Nesa emotiva homenaxe de lembranza do poeta do Ribeiro e da Guarda, tamén participou Leonardo Blanco, profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo, que co seu violín interpretou varias pezas musicais.
En representación da familia do escritor e poeta, Xosé Carlos Gómez Alfaro estiveron presentes súa esposa Rosa Berta Alfaro Diéguez, o seu fillo Daniel e a súa nai Alicia Alfaro, que agradeceron tódalas mostras de agarimo ós asistentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario