23 de abr. de 2010

OURENSE

VELADA DE KICKBOXING E EXHIBICIÓN DE CULTURISMO E ARTES MARCIAIS


Infogauda / Ourense

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da velada de Kickboxing que mañá sábado terá lugar no Café Teatro Xesteira, ás 20.00 horas. A velada, que foi presentada hoxe polo deportista ourensán Manuel Míguez, 7 veces campión de Europa profesional e campión intercontinental profesional, consistirá en 7 combates ao K.O. e exhibicións de kárate e culturismo.
Manuel Míguez dixo que a importancia deste tipo de eventos “radica na promoción do deporte entre os nenos e xóvenes, especialmente no que atinxe ás artes marciais cuxa práctica permite adquirir disciplina, boas condutas e unha forma física saudable”. Míguez agradeceu a colaboración que sempre ten amosado a Deputación de Ourense co mundo do deporte, e convidou a todos os interesados a acudir mañá sábado a presenciar a velada, que en anteriores ocasións congregou a máis de 700 persoas.Pola súa banda, o director do Centro Cultural, Francisco González afirmou que iniciativas deste tipo son as que contribúen a “crear saúde” na nosa sociedade dende os máis cativos ata os maiores. Neste senso cualificou de “moi positivo” o proxecto no que está a traballar Manuel Míguez de organizar unha xornada deportiva na que participen os ximnasios de Ourense.Este evento, cuxa recadación iría destinada á asociación ATOX, consistiría en organizar en algún concello da provincia unha xornada de exhibición das diferentes modalidades deportivas que se practican nos ximnasios da provincia de Ourense, co obxectivo de promocionar e levar o deporte a todas as vilas e pobos da nosa provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario