A DEPUTACIÓN PATROCINA UNHA GUÍA PARA OS CAMIÑANTES DA VÍA DA PRATA

A deputación provincial de Ourense é unha das entidades patrocinadoras da edición dunha guía para os camiñantes que desexen realizar o camiño da Vía da Prata ou Camiño Mozárabe, que onte foi presentada en Ourense polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Infogauda / Ourense
A guía, promovida pola Asociación de Amigos da Vía da Prata, contará con 3.000 exemplares e recolle o traxecto entre Sevilla e Compostela.O Presidente da Deputación dirixíuse aos presentes coas seguintes palabras:“A asociación de Amigos Vía da Prata-Camiño Mozárabe é unhas das máis activas na nosa cidade e non porque este sexa un ano Xacobeo, senón porque os seus integrantes son persoas inquedas, preocupadas e namoradas de Ourense.Por eso son habituais as súas actividades na nosa cidade, que se reflicten hoxe nesta publicación que combina a sixeleza coa utilidade.Por eso, decir sinxelo, neste caso, é decir éxito, ou decir experiencia. Saben os camiñantes que unha guía debe ser práctica, cómoda e lixeira; que debe informar do básico, do prioritario, renunciando necesariamente a alardes que en nada axudan.Eso busca esta guía, na que se nota perfectamente a man da experiencia dos seus impulsores, irreductibles camiñantes que contan con Maribel Outeiriño e o seu bon facer xornalístico para porlle as palabras necesarias a este camiño máxico.A Vía da Prata é o camiño que máis ten medrado nos últimos anos, é o camiño do sur, un camiño para gozar e no que aínda se poden evitar as multitudes do chamado Camiño Francés.Non lle falta historia a este camiño. Como sinala Maribel na súa introducción, “por aquí pasaron os romanos para “civilizar” ó seu xeito o norte de España, os árabes para mais o menos o mesmo, os cristiáns para reconquistar o sur e os mozárabes para escapar dos moros”. En definitiva, camiño de ida e volta, rico en historia, en patrimonio e, sobre todo, en xentes extraordinarias.O ano pasado, que nin foi Xacobeo nin nada de nada (bueno, si houbo eleccións á presidencia da Xunta, pero eso non lles preocupaba moito aos pereginos), fixeron este camiño oficialmente 6.231 persoas. Son 1.000 quilómetros para pensar, para reencontrarse con un mesmo e para coñecer a nosa terra e as nosas xentes.Felicito, pois, aos impulsores desta iniciativa, da que a Deputación se sente honrada de ser copatrocinadora, e agradézolle ao Presidente da Xunta de Galicia que tivese a deferencia de participar persoalmente neste acto, que é sinxelo pero non por eso menos importante. O Camiño é un elemento estratéxico en Galicia e debemos coidalo e atendelo como se merece.Moitas gracias e parabéns, repito, a tódolos que fixeron posible esta iniciativa, personificados especialmente aquí en José Luis Rodríguez Cid e Maribel Outeiriño.Pero, en todo caso, a todos, noraboa”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario