20 de abr. de 2010

OURENSE

A DEPUTACION PROMOVE QUE XINETES DISCAPACITADOS PERCORRAN A VÍA DA PRATA DENDE OURENSE


Infogauda / Ourense
A partir do xoves, día 22 de abril, un grupo de 6 discapacitados físicos e psíquicos de Ourense, A Coruña e Madrid completará a cabalo os últimos 100 quilómetros do camiño de Santiago (Vía da Prata – Camiño Mozárabe), nunha expedición organizada pola Deputación Provincial de Ourense a través do seu Centro Ecuestre.
Trátase da primeira vez na historia que xinetes discapacitados fan 100 quilómetros a cabalo e obteñen a Compostela, polo que ten especial transcendencia.Os xinetes, que partirán da Escola de Vilamarín ás 10:00 da mañá e completarán o percorrido en 5 etapas, agardándose a súa chegada á catedral o luns, día 26 de abril.A expedición compóñena, ademais dos xinetes, dúas monitoras do centro e 14 voluntarios da asociación ATOX que colaboran desinteresadamente para prestar o necesario apoio aos xinetes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario