18 de abr. de 2010

GONDOMAR

CLUB DEPORTIVO MIÑO TEIXUGOS, DE TOMIÑO, GAÑA A 2ª COMPETICIÓN DA COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM

Informa (Texto e reportaxe gráfica): Rosa Fernández / Gondomar


Este domingo celebrouse en Gondomar a 2ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom organizada polo Club de Piragüismo Val Miñor- Frioya. Cabe destacar a deportividade e bo ambiente da mesma, cousa que ven sendo habitual nestas competicións.

O club de Tomiño acudiu con 11 piragüistas, algúns dos cales participaron en dúas categorías: Kayak e canoa. En K1 benxamín masculino, Marco Patiño conseguiu a medalla de ouro, en K1 alevín feminino, outro ouro para Clara González. Na mesma categoría pero masculina Manuel Ochoa e Brais Castro fixéronse coa prata e o bronce respectivamente. En K1 infantil feminino Andrea Gonzalez e Isabel Valcarcel tamén foron prata e bronce, repetindo posto as dúas na categoría C1 damas alevín.


Por Equipos o Club Deportivo Miño Teixugos acadou a primeira praza, seguidos dos anfitrións do Val Miñor-Frioya e terceiros o Piragüismo Dumbría.
Podedes ver unha reportaxe dos Teixugos participantes premendo nesta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario