VECIÑOS DE CHANDREXA DE QUEIXA VISITAN A DEPUTACIÓN E A CIDADE DE VECIÑOS DE CHANDREXA DE QUEIXA VISITAN A DEPUTACIÓN E A CIDADE DE OURENSE

Infogauda / Ourense
Medio cento de veciños do Concello de Chandrexa de Queixa visitaron hoxe a Deputación de Ourense, o Centro Cultural e percorreron os lugares máis emblemáticos da capital ourensán, acompañados polo seu alcalde, Francisco Rodríguez.
Á súa chegada a institución pro vincial foron recibidos polo presidente, José Luis Baltar, que se referiu á Deputación como “a casa de todos os ourensáns”, unha institución emblemática da nosa provincia “ao servizo de todos para atender por igual aos cidadáns dos concellos da provincia, co obxectivo de ofrecerlles servizos e infraestruturas que contribúan a mellorar a súa calidade de vida”, dixo Baltar. Logo de visitar o Salón de Plenos e percorrer as demais dependencias da Deputación, os veciños de Chandrexa visitaron o Centro Cultural da Deputación, onde foron recibidos polo seu director, Francisco González, e posteriormente proseguiron a súa excursión pola capital ourensá visitando a Catedral de Ourense, as Burgas e o Casco Vello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario