Novas Xeracións celebra o próximo 17 e 18 de abril a súa I Escola de Formación, en homenaxe a Ángel Latas
· A secretaria xeral do PP provincial, Begoña Estévez, participará, xunto coa secretaria provincial de NNXX, Laura Alonso e o presidente do PP de Nigrán, Alberto Valverde, na inauguración destas xornadas
Infogauda / Nigrán
Novas Xeracións pon en marcha o próximo 17 e 18 de abril a súa I Escola de Formación Ángel Latas, na Praia de Patos en Nigrán.
Como vén sendo habitual, esta organización prepara unha serie de actividades destinadas a escoitar e intentar solucionar os problemas da mocidade e, entre elas, destacan estas xornadas de formación, que pretenden ser tamén unha homenaxe a Ángel Latas, falecido o pasado ano e que fora membro desta agrupación xuvenil.
A inauguración desta I Escola será o sábado ás 11.30 e nela participarán Laura Alonso, secretaria provincial de NNXX de Pontevedra; Alberto Valverde, presidente do PP de Nigrán; e Begoña Estévez, secretaria provincial do PP en Pontevedra.
Nestas xornadas, que se desenvolverán o sábado e o domingo, abordaranse temas de interese para a xuventude, como o paro, o acceso á vivenda ou o voluntariado.
A primeira das mesas formativas, que terá lugar o sábado ás 12,00 h. versará sobre “Os mozos ante o reto de ter un emprego e unha vivenda”, mentres que a segunda, prevista para as 13,15 horas, se abordará o asociacionismo xuvenil nona mesa redonda titulada “O asociacionismo e o voluntariado, motor da sociedade”.
A xornada do sábado incluirá un percorrido pola historia de Novas Xeracións, coa participación de antigos presidentes deste colectivo xuvenil, algún dos cales hoxe ocupa postos de relevancia, como o secretario xeral do PPdeG e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ou a vicesecretaria do PPdeG Marta Rodríguez, ademais de Javier Pazos.
Esta mesa estará moderada pola secretaria executiva nacional de NN.XX. Beatriz Rodríguez Gómez.
A presentación dunha campaña de afiliación de NNXX de Pontevedra e o acto de homenaxe a Ángel Latas, servirán de peche para unhas xornadas que está previsto que sexan clausuradas polo vicepresidente provincial do PP, José Manuel Figueroa; o presidente provincial de NN.XX., Javier Dorado, e o presidente dos populares en Nigrán, Alberto Valverde Pérez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario