PLAN E : AS OBRAS FEITAS (segunda parte)

Con este plan, intentouse impulsar a base de diñeiro público, a actividade económica e baixar a taxa de desemprego. Digo intentado, porque todo quedou niso, en boas intencións, pero dicen "que de ben intencionados está o inferno cheo" ou as contas bancarias persoais ateigadas.
Co Plan E, o que se se fixo foi desbordar en gastos pouco útiles ou polo menos nada urxentes, para alixeirar e de xeito provisional, as listas do paro "pan para hoxe, fame para mañá" (hoxe estou de refráns), pero nin un só € deste plan polo menos na Guarda, para investimento produtivo a longo prazo, ou o que é o mesmo, nada de xerar emprego sostible local. Dedicouse o diñeiro a levantar, ensanchar, mellorar, achicar, reacondicionar a Alameda do século XXI, club de remo, zona de recreo de Fedorento, Wifi, etc.. Ningunha destas obras, nin urxentes nin imprescindibles, e moito menos se se contratan empregados doutros concellos, portugueses e para disimular algún guardés.
Xa temos aquí o Plan E II, que leva exactamente o mesmo camiño, só que agora tamén poñemos o acento no paisaxístico, paseos, lecer, etc..., é dicir, a seguir desbaldindo sen control ningún o diñeiro do contribuínte, o noso diñeiro.
Este novo plan coincide en algo co anterior, e é en que hai que disimular, aparentar que se fai, sempre aparentar, a casa bonita por fóra aínda que non teñamos que comer.
De que servirán aos guardeses no paro unhas bonitas beirarrúas, paseos, etc.??? O xefe Gepetto, en infinidade de reportaxes dixo que o seu plan estaba dirixido en primeiro termo á subvención de proxectos de investimento produtivo sostible. Sin embargo na Guarda, non se deberon decatar do tema, parece mentira que habendo varios profesores no clan, sexan tan malos alumnos.
De que servirán aos guardeses no paro unhas bonitas beirarrúas, paseos, etc.??? O xefe Gepetto, en infinidade de reportaxes dixo que o seu plan estaba dirixido en primeiro termo á subvención de proxectos de investimento produtivo sostible. Sin embargo na Guarda, non se deberon decatar do tema, parece mentira que habendo varios profesores no clan, sexan tan malos alumnos.
Finalmente e aproveitando que entendedes moito á hora de calificar (clan maioritario), avaliaremos as obras xa feitas:
Xestión: 0 (só unha das licitacións de todas as obras foi publicitada, as demáis...a puro DEDO)
Supervisión: 1 (tan boa foi a supervisión das obras que a nada de rematalas hai que facer mil e un arranxos)
Utilidade: 4 (despois de criticar tanto a situación dos xogos infantís na Atalaia, por ser unha zona moi ventosa, vós ides e facédelos en Fedorento, ideal da morte)
Urxencia: 0 (o que si é urxente é xerar emprego para os guardeses pero...)Necesidade: 1 (se vos parece de suma necesidade o parque de Fedorento, que diríamos de xestionar un servizo de Raios?)
Custo: 1 (a Alameda do século XXI: 604.000€, unha ganga, se non fose porque estaba de rebaixas, non se eu...)
En definitiva. NOTA FINAL: SUSPENSOS
Fai falta aclarar algo máis????
ZZZ... MOSQUITO CAPÓN
ZZZ... MOSQUITO CAPÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario