5 de abr. de 2010

A GUARDA

OS VULTOS DO CONCELLO...


Hai un grupo municipal no Concello da Guarda, que posúe dous vultos femininos e ún masculino. Dous enormes vultos femininos, e digo vultos porque non se me ocorre outro modo de cualificalas, están soamente de adorno, xa que aínda que resulte estrano, non cumpren ningunha das funcións que lles son própias e específicas; iso sí, están sempre presentes, ben á vista, ocupando cada unha delas o seu lugar, pero sen dar nin sequera a talla media esperada para o caso, ainda que cotízanse coma se cumprisen con amplitude co que se espera delas. Para evitar malas interpretacións quero aclarar, que as mencionadas, cuxa función é a de ocuparse de áreas da muller e servizos sociais, ao ser inoperantes, dispoñen dunha voceira, e é por iso que cada vez que na Casa Consistorial se fala ou se pregunta sobre algún destes temas, sae a responder a concelleira de Facenda.
Outro caso parecido témolo como vulto masculino, e é o encargado da área de pesca. Parece mentira que sexamos un concello mariñeiro e o vulto encargado do tema sexa máis pez que os peixes cando se tratan cuestións que lle concirnen. Eso sí o seu voceiro persoal parece ser o edil que se encarga das cuestións de vías e obras.
Eu pregúntome: Se os devanditos concelleiros poden responder por todos estes temas que non lles son própios, para qué temos eses vultos nos plenos?
Soamente para ocupar cadeira e cobrar asistencia ?


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario