Feijóo anima aos españois a involucrarse no Xacobeo 2010 porque “toda España pode e debe sacarlle rendemento” a un Ano Santo “que está chamado a marcar unha década”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto coa presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, e co presidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, percorreu un treito do Camiño de Santiago de Madrid
Infogauda / Galicia
O mandatario galego, a presidenta de Madrid e o titular de Castela León asinaron hoxe en Cercedilla unha declaración institucional para a promoción do Camiño de Madrid.
“O fenómeno Xacobeo é un ben que ten en Santiago e en Galicia o seu epicentro, pero que é patrimonio de toda España; por iso convido a todos os españois a ser peregrinos neste 2010 para converter o Xacobeo nun centro de interese turístico internacional”, subliña.
Amósase convencido de que o 2010 será “un revulsivo para a nosa economía e para a nosa autoestima” xa que o Xacobeo constitúe “unha oportunidade privilexiada neste tempo de crise económica”.
Salienta que o Ano Santo é unha “prioridade absoluta” para Galicia e confía en que o 2010 e Compostela sexan os equivalentes a 1992 e Barcelona.
Destaca o esforzo realizado pola Xunta para mellorar a imaxe do Camiño, inxectando 30 millóns de euros na restauración das rutas xacobeas e dos seus contornos e para pasar de 3.000 a 7.000 prazas de albergues.
“Traballamos para ofrecer o mellor servizo posible ao peregrino e puxemos en marcha equipos de voluntarios e de seguridade para ofrecer un Xacobeo hospitalario e seguro”, sinala.
Avanza que Galicia será un evento os 365 días do ano e que existe unha programación cultural para todas as idades e para todos os gustos
Remarca que a visita do Papa Benedicto XVI no mes de novembro será “o colofón a un Ano Santo histórico”.

A Xunta e o TSXG crearán un grupo de traballo para actualizar os procedementos de actuación do Programa ACOUGO
Este programa inclúe a realización de todas as actuacións necesarias para dar resposta a unha situación de demanda sanitaria urxente ante unha descompensación nun paciente psiquiátrico.
O pasado ano 2009, o Programa ACOUGO recibiu 14.767 chamadas de demanda sanitaria con 13.800 persoas atendidas.

A Xunta oferta por primeira vez 500 prazas en balnearios para que a mocidade goce de estadías nestas instalacións a metade de prezo
O director xeral de Xuventude e Voluntariado e a secretaria xeral para o Turismo presentaron hoxe o programa pioneiro ‘Noites Saudables’.
A iniciativa desenvolverase durante o mes de abril en 9 balnearios e un centro de talasoterapia emprazados por toda a xeografía galega.
A contía das estancias oscila entre os 61 e 97 euros segundo o programa termal que se escolla.
A oferta sempre inclúe dous días en réxime de media pensión e habitación dobre con tratamentos específicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario