A HERBA MEDRA NA FOSA COMÚN DE SESTÁS Infogauda / A Guarda

Namentras a Comisión Pro-Fosa Común se ocupou do seu mantemento, o recinto coñecido como Fosa Común de Sestás era coidado de xeito regular. O longo de varios anos, unha persoa viña segando a herba cada pouco tempo. Esa persoa deixou voluntariamente esa labor, sendo relevada por outro cidadán que coa mesma adicación fixo seu traballo con idéntica dilixencia. E así, e con cárrego os limitados fondos económicos da Comisión Pro-Fosa Común, viu acontecendo até que un día algún prohome, de cuio nome non queremos lembrarnos, con voz engolada dixo: "Disto ocupámonos nós!!!".
O curioso é que houbo quén lle deu carta branca. Xa se sabe que algúns, cecais para facerse notar - ainda que logo queden como uns badulaques -, teñen esa estrana habilidade de encantar. É decir, de facer encantamentos.
A día de hoxe - e non é a primeira vez que acontece -, ás fotografías que lles amosamos veñen a demostrar palmariamente que algúns esquecen doadamente seus compromisos libremente adquiridos.
Desde Infogauda coidamos que ese prohome, e seus correlixionarios deberan deixarse de lerias e que sexa a Comisión Pro-Fosa Común a entidade que se ocupe do mantemento dese recinto, como o viu facendo durante varios anos sen necesidade de que ninguén lle dixese a seus compoñentes como se debían face-las cousas, e sobor de todo, sen buscar ningún protagonismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario