A DEPUTACIÓN, A ÚNICA INSTITUCIÓN QUE APOSTOU POLA RECUPERACIÓN DO SANTUARIO DAS ERMITAS

Infogauda / Ourense
A deputación provincial de Ourense é a única institución que apostou nos últimos anos pola recuperación do santuario de As Ermitas (O Bolo), segundo se recolle no libro “El Santuario de Nuestra Señora la Milagrosa Virgen de las Ermitas. Las vicisitudes de los últimos siete años”, do que é autor Luis Maroto Cervera, vicepresidente da Fundación que leva o nome do santuario.
Luis Maroto expresou a súa preocupación pola situación do santuario, que ven sofrindo problemas de estabilidade pola filtración de augas, algo que se agravou este inverno. De tal xeito, nos últimos sete anos o santuario asentara 1 milímetro e solo neste inverno asentou 2 milímetros. “Que despois de 300 anos o edificio siga asentando, eso é fatal”, dixo o autor do libro, que é doutor enxeñeiro de obras públicas.Tamén lembrou que a única axuda que tiñan eran 60.000 euros concedidos pola Deputación, diñeiro co que tentarán drenar a montaña e agardan que outras administracións aporten os 60.000 euros restantes para darlle unha solución estable a este problema.

Maroto queixouse do retraso en buscar solucións a este problema e dixo que o libro era un intento de sensibilizar ás administracións sobre a conservación do monumento.O vicepresidente segundo da Deputación, Moisés Blanco, dixo que “as obras da Deputación empezarán de inmediato”, despois de recibir a documentación solicitada ao concello de O Bolo, e felicitou ao autor polo seu traballo e pola súa insistencia.
O autor estivo acompañado, ademais de polo vicepresidente da Deputación, polo presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses
Ningún comentario:
Publicar un comentario