SANTI RODRÍGUEZ, NOVO PRESIDENTE DO PARTIDO POPULAR, EN SALCEDA DE CASELAS
A candidatura de Santi foi a úneca presentada no congreso local celebrado onte no Auditorio Municipal, totalmente ateigado de afiliados, simpatizantes e público en xeral, e foi votada por unanimidade.
O respaldo dos máximos dirixentes do Partido Popular de Galicia, co seu presidente Alberto Núñez Feijóo á cabeza, supuxo o máximo aval para o candidato, un xoven político que xa conta con un longo ronsel.
Logo de resultar elexido, o novo presidente dos populares de Salceda de Caselas, abogou pola austeridade no gasto público, pola libertade lingüística e pola unidade do partido "que será fundamental para acadar un gobierno próximo que represente a maioría dos salcedenses".
Santi tamén agradeceu a xenerosidade de Emma Pereira, presidenta da xestora, "por dar prioridade ós intereses xerais en lugar dos própios".
Asemade non deixou de salientar a labor do ex alcalde José Manuel Fernández, "Chicho", "que tivo máis acertos que equivocacions".
Deseguido presentou os membros da xunta local do PP, formado por 34 persoas de diversos sectores, entre elas actuais concelleiros e ex concelleiros, salientando á incorporación de Jaime Rodríguez Garrido, que fora un director colabourador de "Chicho" nos últimos mandatos municipales.
"Xuntos, é posible" foi a consigna que se escoitou nas diferentes intervencions, sendo as de Ana Pastor, Rafael Louzán e Feijóo, as que pecharon o multitudinario acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario