A DEPUTACIÓN APOSTA POLA COMPOSTAXE
A deputación provincial de Ourense aposta pola compostaxe doméstica, coma un medio para reducir a cantidade de residuos sólidos urbanos a tratar e como un elemento de reciclaxe de materia orgánica no medio rural ourensán. A compostaxe é un proceso polo que a materia orgánica se converte en fertilizante (compost).
Infogauda / Ourense
O proceso do compostaxe basease na descomposición dos restos vexetais da nosa cociña e o noso xardín. Deste xeito, o Centro Cultural da Deputación acolleu unha reunión de técnicos con representantes dos concellos, aos que se lles explicou o procedemento e proceso a seguir. A Deputación ofrecerá composteiros aos concellos, que os poderán distribuir entre os seus veciños. Os composteiros irán acompañados dunha guía explicativa para a realización de compostaxe. O compost doméstico serve de fertilizante natural, axuda a reducir o consumo de auga e mellora o rendemento das súas prantas, reducindo o uso de fertilizantes químicos e pesticidas. Esto fai que a maneira de cultivalos nosos produtos sex amáis respectuosa co medio ambiente.¿Qué se pode compostar? Básicamente, restos de froitas e verduras, cascas de ovos, iogures e zumes de froitas, papel de cociña, restos de poda triturados, céspede, cinzas e serraduras de madeiras, etc.Os restos orgánicos dun fogar constitúen entre o 40 e o 50 por cento dos residuos urbanos. A súa recollida e tratamento en vertedoiros é tremendamente custosa, esixindo importantes investimentos en infraestructuras.
A compostaxe é un proceso fácil de facer e cun custo económico mínimo comparado con outros sistemas de tratamento de residuos, reducindo os custos de recollida e transportes de residuos. En termos xerais, 100 quilos de lixo orgánico producen 25-30 kilos de compost. Unha familia media produce diariamente un quilo de residuos orgánicos.Este programa está desenvolvido polo servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación, en colaboración coa empresa “Todoverde”.
Poden informarse nos teléfonos 988 385144 (Deputación) ou 988 293466 (Todoverde). Tamén en info@todoverde.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario