CELANOVA COMBINA SEMANA SANTA CUNHA MOSTRA DA OPORTUNIDADE

O concello de Celanova acolle unha das semanas santas máis participativas da provincia, que este ano vai combinar coa celebración dunha “mostra da oportunidade”, na que participan 52 expositores locais con rebaixas de ate o 80 por cento nos seus prezos.
Infogauda / Celanova
Esta mostra da oportunidade ins talarase na rúa Celso Emilio Ferreiro da vila celanovesa os vindeiros xoves e venres santos, organizada polo comercio local. O seu obxectivo é fomentala venta de carácter local, entre os veciños e moitos visitantes que Celanova ten eses días, realizando para elo unha agresiva aposta en materia de prezos e un amplo abano de ofertas complementarias.Deste xeito, haberá actuacións musicais con pasarrúas, actividades para os máis cativos (magos, hinchables, distribuiranse 5000 chupa-chups) e os hosteleiros ofertan viño e pincho por 50 céntimos. En materia gastronómica, o xoves hai un menú xacobeo e o venres un menú vixilia por 9 euros.O crego de Celanova, César Grande, salientou a importancia da Semana Santa nesta vila, con pasos de especial valor artístico, dos séculos XVII e XVIII e a implicación da xuventude no seu desenvolvemento. Así, salientou que unhas 6.000 persoas participan na procesión do venres santo (ás 20:00 horas) e falou tamén da singularidade da escenificación da paixón (ás 12:00 horas).O alcalde da vila, Antonio Mouriño, felicitou á iniciativa privada pola súa aposta neste programa, que o ano pasado achegou a Celanova a 10.000 persoas e que este ano agarda chegar aos 20.000 visitantes. “Este reto representa moito para o pobo”, dixo o alcalde, que lembrou o carácter emigrante desta comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario