1 de mar. de 2010

OURENSE

NÚMERO ESPECIAL DE "GRIAL" NO 50 ANIVERSARIO DE "A ESMORGA"



Infogauda / Ourense
“A esmorga 50 anos despois” é o título do exemplar especial que a revista Grial presenta mañá, martes, no Centro Cultural da Deputación, e que adica á novela de Eduardo Blanco Amor, da que se cumplen 50 anos da súa edición.
Con tal motivo, o número 184 desta autodenominada Re vista Galega de Cultura inclúe traballos de María López Sández, Alex Alonso Nogueira, Xosé Manuel Dasilva e Bieito Iglesias.Co gallo desta edición, o Centro Cultural da Deputación acollerá o vindeiro día 2 de marzo, ás 20:00 horas, un acto oficial de presentación desta publicación, na que parciparán os escritores antes citados, ademais do Director Xeral de Galaxia, Victor F. Freixanes, e o titular da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar.Asemade, a Deputación de Ourense e a editorial Galaxia traballan na edición de “A esmorga” en inglés, lingua á que aínda non foi traducida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario