1 de mar. de 2010

O ROSAL

ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DA “ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER”


Juan Ramón M. Barbosa / O Rosal


Os días 24 e 25 de febreiro tivo lugar no Centro Social Polivalente de O Rosal o “Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos” organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e que contou coa colaboración da Obra Social Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal.
Este curso –que foi impartido por médicos, psicólogos, traballadores sociais e mesmo voluntarios- clausurouse o pasado xoves coa entrega dos correspondentes diplomas a cargo de Esmeralda Martínez Pedreira, presidenta da Xunta Comarcal do Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario