5 de mar. de 2010

GALICIA

O presidente da Xunta lamenta “profundamente” que dirixentes políticos de Galicia acudan á Madrid para “boicotear” o futuro financeiro de Galicia

· O presidente da Xunta na rolda de prensa posterior ao Consello
Foto: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
Feijóo lémbralle ao Executivo central que “o Goberno de España non é o Partido Socialista, é o Goberno de todos os españois; e a Xunta non é o Partido Popular, é o Goberno de todos os galegos”.
Sostén que o Goberno ten dúas receitas: o consenso cunhas comunidades autónomas e o castigo con outras.
Pide ao Executivo central que “abandone esa técnica de vetar, de interromper, de impedir que Galicia teña unha gran caixa dentro do sistema financeiro español”.
Asegura que a Xunta “non será cómplice” de que as caixas galegas se vaian da comunidade e di que o Goberno galego traballará “ata as súas últimas consecuencias no exercizo das competencias constitucionais para que Galicia estea no mapa de entidades financeiras e para que as caixas galegas existan”.
Di que onte o Goberno galego lle pediu formalmente ao secretario de Estado que retome as negociacións que fai unha semana interrompeu unilateralmente.
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 4 de marzo, en San Caetano

· Xuntanza do Consello da Xunta celebrada hoxe en San Caetano
Foto: Conchi Paz
Premendo no seguinte enlace poderá acceder á referencia do Consello da Xunta o xoves 4 de marzo, en San Caetano, baixo a Presidencia de Alberto Núñez Feijóo.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa na costa galega

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de metereoloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao litoral da provincia de Lugo e ao noroeste da costa da provincia da Coruña a partires de mañá venres ás 18.00 horas.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o vento do este poderá superar nesas zonas a Forza 9, con áreas de mar moi grosa entre Cabo Prior e Bares, así como mar adentro no litoral de Lugo.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros da Coruña e de Lugo, aos clubes náuticos destas dúas provincias e a Protección Civil, entre outros.
Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Galicia e Portugal coinciden en pedir á Unión Europea que incremente os fondos destinados á cooperación transfronteiriza

Jesús Gamallo e o secretario de Estado adxunto de Industria e de Desenvolvemento do Goberno portugués, Fernando Medina
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE reuniuse onte en Lisboa co secretario de Estado de Industria e do Desenvolvemento de Portugal.
Galicia e Portugal coincidiron tamén na necesidade de apoiar a AECT de Vigo no desenvolvemento de programas conxuntos de cooperación transfronteiriza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario