7 de mar. de 2010

GALICIA

Santiago Camba confirma desde Chile que a comunidade galega “está ben e non hai membros do colectivo con dificultades”
· O secretario xeral da Emigración no transcurso dunha xuntanza co cónsul xeral de España en Chile, Víctor Fajilde, e o delegado da Xunta en Buenos Aires, Alejandro López
Infogauda / Galicia
Continuará a examinar “caso por caso” as posibles demandas entre a colectividade e manterase en comunicación permanente coas autoridades no país, a fin de ter “coñecemento oportuno das noticias de interese para os galegos e do colectivo en particular”.
Camba expresou ante os galegos do Estadio Español “o compromiso do goberno de Núñez Feijóo coa súa xente alá onde se encontre”.
Puxo de manifesto “a pronta coordinación da Xunta no caso de situacións de catástrofe, así coma o labor das entidades galegas como lugares de referencia para acometer actuacións de emerxencia”.

Ler máis.

Cultura achegará o mellor da banda deseñada galega a 23 concellos da comunidade durante 2010

Ilustración de Viñetas Descubertas de David Rubin
As exposicións “Viñetas descubertas” e “Miña Terra Galega” percorrerán as catro provincias galegas e estarán presentes asemade no Salón do Cómic de Navarra, do 5 ao 14 de abril, para amosar a creatividade do sector en Galicia.
Un total de 72 ilustracións, pertencentes a 16 autores, recollen o mellor da banda deseñada galega dos últimos anos. Esta selección foi presentada por vez primeira na Feira Internacional do Cómic de Barcelona de 2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario