A violencia contra as mulleres segue a ser invisible na Unión Europea
Amnistía Internacional / Galicia
Amnistía Internacional / Galicia
En Suecia, só o 12% das violacións denunciadas á policía desemboca en xuízo. En Dinamarca, o sexo sen consentimento no matrimonio non está penado. En Francia, unha muller morre cada tres días a mans da súa parella. E en España, as vítimas de violencia de xénero en situación irregular enfróntanse á ameaza de expulsión si deciden denunciar. Na Unión Europea (UE), decenas de milleiros de mulleres e nenas de todas as idades e de todos os grupos sociais son vítimas de múltiples formas d violencia. Son maltratadas polas súas parellas ou ex-parellas, son vítimas da trata, sofren abusos e violencia sexual por parte de familiares, persoas do seu entorno e descoñecidos, mutilación xenital feminina ou matrimonios forzados.
Pero, en realidade, descoñécese a magnitude do problema, xa que a violencia de xénero nos países da UE segue a estar oculta. Países como Eslovenia, Finlandia, Grecia, Holanda, Hungría, Lituania, Polonia e Romanía non rexistran información sobre violencia de xénero nin nas comisarias nin nos xulgados; e outros como Austria, Bulgaria, Estonia, Italia ou Malta nin sequera teñen unha lexislación ou plans de acción para abordar a violencia. Ademais dunha resposta desigual nos distintos Estados membros, tampouco existen políticas comúns para combater a violencia de xénero no ámbito europeo.
Peticións á Presidencia española da UE
Amnistía Internacional da a benvida á iniciativa mostrada pola Presidencia española de impulsar medidas para loitar contra a violencia de xénero no territorio da UE, entre elas, a creación do Observatorio Europeo de Violencia de Xénero. Porén, a organización pide á Presidencia que este Observatorio non se limite unicamente aos casos de violencia a mans da parella ou da ex-parella e que aborde todas as formas de violencia que sofren as mulleres e nenas polo feito de selo; é dicir, a trata, a violencia sexual, a mutilación xenital feminina, a violencia a mans de parellas e ex-parellas e os matrimonios forzados, entre outras.
No marco do Consello de Emprego, Política Social e Sanidade (EPSCO, polas súas siglas en inglés) que se celebra en Bruxelas o próximo 8 de marzo e da reunión informal de Ministros e Ministras de Igualdade que se celebra en Valencia o próximo 26 de marzo, Amnistía Internacional pide a España e ao resto dos Estados membros que adopten un compromiso formal para impulsar iniciativas de loita contra a violencia de xénero en todo o territorio da UE.
“O Observatorio é un primeiro caso positivo, mais de nada servirá se non existe entre os 27 unha firme vontade política e un compromiso expreso de darlle continuidade para a súa axeitada posta en marcha. Deben establecerse estándares mínimos comúns, como existen en materias como transportes, comercio, seguridade ou inmigración e asilo, que obriguen aos Estados membros a garantir a prevención da violencia de xénero, a protección das vítimas, a sanción do delito e a reparación”, manifestou Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España.
Para elo, Amnistía Internacional pediu á Presidencia española, a través dunha ciberaccción en www.actuaconamnistia.org, que:
· O Observatorio Europeo de Violencia de Xénero sexa un órgano independente, aborde todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas, recolla datos para dar visibilidade ao problema, traballe a prevención, o procesamento dos autores, así como a protección e a reparación das vítimas.
· Se establezan os procedementos axeitados para identificar, protexer e ofrecer indemnización ás persoas obxecto da trata, en cumprimento do Convenio del Consello de Europa sobre a loita contra a trata de seres.
· Se faga unha referencia expresa no Plan de Acción do programa de Estocolmo á loita contra todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas, á mutilación xenital feminina, e ao principio de dilixencia debida en cuestións penais, acceso á xustiza, cooperación policial e procedementos de asilo individuais. O Parlamento Europeo estima en 2008 que ao redor de 500.000 mulleres e nenas foron sometidas a mutilación xenital feminina en Europa e outras 180.000 corren risco de seren mutiladas casa ano.
· Se adquira un compromiso cos dereitos das mulleres e das nenas, tamén fóra das fronteiras da UE, para o que debería impulsar melloras no caso das 9 defensoras dos dereitos humanos das mulleres nicaraguanas, que se enfrontan a varios cargos por teren axudado a unha nena de 9 anos, violada en 2003, a abortar legalmente. Este é un dos 10 casos de persoas en risco que Amnistía Internacional presentou á Presidencia española.
Información adicional
Rosita foi violada e quedou embarazada con só 9 anos. Foi no ano 2003, daquela en Nicaragua o aborto era legal se a vida da madre corría perigo ou se o embarazo era froito e violación. Nove mulleres (Ana María Pizarro, Juanita Jiménez, Lorna Norori, Luisa Molina Arguello, Marta María Blandón, Marta Munguía, Mayra Sirias, Violeta Delgado e Yamileth Mejía) con extensa experiencia na promoción da saúde sexual, axudaron a Rosita e a súa familia a abortar legalmente.
O aborto legal de Rosita en Nicaragua foi autorizado por unha comisión de médicos convocada polo Ministerio de Saúde, tamén o aprobou o Procurador pola Defensa dos dereitos humanos, e as investigacións do Ministerio Público estimaron que se realizara dentro da legalidade. Quen autorizou o aborto e apoiou a Rosita para acceder a el, fíxoo co convencemento de que lle estaban salvando a vida.
En 2006 todas as formas de aborto foron declaradas ilegais. O novo Código Penal impón penas de cárcere para os médicos que practiquen abortos e para as mulleres e e nenas que se sometan a un aborto ou pidan que se lles practique, sen ter en conta as circunstancias. En 2007, a Asociación Nicaragüense Pro Derechos Humanos, organización apoiada pola Igrexa Católica, presentou unha denuncia contra estas mulleres pola súa implicación no caso de Rosita. A causa segue aberta, e mentres tanto, en 2008 o Goberno anunciou que varias ONG estaban sendo investigadas por presunta xestión irregular de fondos. Entre elas, o Movimiento Autónomo de Mujeres, ao que pertencen estas nove activistas defensoras. Dende aquela, non deixaron de ser intimidadas e acosadas.

Informámosvos ademais de que os grupos locais de Amnistía Internacional en Galicia organizan diversos actos:
* Venres 5 de marzo: tivo lugar a presentación do libro de relatos "Camiñan descalzas polas rochas", en Lugo.
* Luns 8 de marzo: recollida de sinaturas na manifestación de Vigo.
* Mediados de marzo: acto de rúa na Coruña.
* Do 22 ao 28 de marzo: acto de rúa en Santiago.

Ningún comentario:
Publicar un comentario