17 de feb. de 2010

VIGO

ESQUERDA UNIDA SOLIDARÍZASE COA LOITA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESPEDIDOS DA EMPRESA DE LIMPEZA DO ALCAMPO DE COIA EN VIGO



EU DENUNCIA QUE A ACTUACIÓN DO PSOE EN MATERIA LABORAL ESTÁ A PROVOCAR UN REGUEIRO DE IRREGULARIDADES POR PARTE DAS EMPRESAS

ESQUERDA UNIDA PROPÓN QUE OS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO FAGAN UN SEGUIMENTO ÁS EMPRESAS CON SUBROGACIÓNS OU ERE’S


O responsable da Área de Economía e Traballo de Esquerda Unida estivo hoxe presente na mobilización dos traballadores e traballadoras despedidos da empresa de limpeza do Alcampo e asinou o manifesto de apoio.

Logo de mais de quince días de mobilización o Alcampo négase a reconhecer unha das cláusulas do convenio provincial de limpeza, na que estipula a obrigatoriedade de subrogar aos traballadores e traballadoras da anterior empresa adxudicataria.

Esquerda Unida quere trasladar o seu total apoio aos traballadores e traballadoras despedidos, esixindo á autoridade laboral que actúe segundo o convenio provincial de limpeza reconhecendo a admisión dos traballadores/as afectados.

As actuacións do PSOE en materia laboral está a facilitar actuacións ilegais por parte das empresas da provincia de Pontevedra, provocando un regueiro de irregularidades. ERE’s por xornadas de 4 horas nas que a falta de control fan que o empresario obrigue a traballar outras 4 horas facendo a mesma xornada de 8 horas, filtracións aos empresarios antes das inspeccións, subrogacións, etc..

Outra das actuacións condenables por esta organización foi o desaloxo dos traballadores por parte da policía, algo que xa nos ten acostumados o subdelegado de goberno Delfín Fernández, que non dubida en empregar a forza contra os traballadores indefensos, que se manifestan en prol da defensa dos dereitos laborais e do seu propio posto de traballo.

EU propón ao PSOE E PP, que os propios corpos e forzas de seguridade do estado fagan un seguimento nas empresas con SUBROGACIÓNS ou ERES, comprobando as propias causas, duración, persoal afectado, xornada.... un seguimento que servira para conhecer a realidade de que moitos empresarios utilizan estes mecanismos de forma encuberta traballando no mercado negro.

O FRACASO DO CAPITAL O PAGA O TRABALLADOR

¿QUE FÁN OS SINDICATOS?

Ningún comentario:

Publicar un comentario